AXUDAS A PERSOAS DESEMPREGADAS
Accións destinadas ao fomento do emprego mediante proxectos personalizados para persoas con dificultades de inserción no ámbito laboral.
- Renda activa de inserción (RAI): axuda dirixida a persoas desempregadas maiores de 45 anos con especiais necesidades económicas e dificultade para atopar un emprego.
- Microcréditos para proxectos de autoemprego: sistema de financiamento de proxectos de autoemprego.
Para a tramitación de solicitudes ou para obter máis información sobre estes recursos, é preciso concertar unha entrevista cos servizos sociais do Concello. Para solicitar a cita, pódese acudir ás oficinas do departamento ou chamar por teléfono.
Centro Sociocultural, rúa do Convento s/n – 3º andar.
Horario de atención ao público: de luns a venres de 9.00 h a 14.00 h.
981 492 179