Profesionais técnicos de servizos sociais ofrecen asesoramento, realizan o diagnóstico da situación familiar e fan un seguimento personalizado, dende distintos ámbitos, para intentar solventar os problemas das usuarias deste servizo.

Actuacións

  • Atender e dar orientación social, xurídica e psicolóxica á muller que padece especiais dificultades como malos tratos, violacións, agresións sexuais…
  • Facer o diagnóstico da súa situación e facilitar, cando sexa preciso, o acceso aos recursos especializados (casa de acollida para mulleres maltratadas ou outros aloxamentos alternativos)
  • Sensibilizar e concienciar á sociedade da incidencia destas problemáticas e mellorar o seu tratamento colectivo.
  • Facer o seguimento, de forma coordinada, entre todos os profesionais do equipo.
  • Outros trámites:
    • Axudas económicas
    • Petición de xustiza gratuíta

Para a tramitación ou para obter máis información destes recursos, é preciso concertar unha entrevista cos traballadores sociais do Concello. Para solicitar a cita, pode acudir ás oficinas do departamento de servizos sociais, ou chamar por teléfono:

Centro Sociocultural, Rúa do Convento s/n – 3º Ándar

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9.00h a 14.00h

981 492 179