SERVIZOS A MIGRANTES
Asesoramento sobre as prestacións destinadas ás persoas que mudan o lugar de traballo e de residencia.
- Axudas asistenciais extraordinarias para persoas emigrantes retornadas: prestación económica directa, individual, extraordinaria e non periódica dirixida a persoas españolas retornadas que se atopen nunha situación de precariedade económica.
- Axudas extraordinarias para persoas galegas emigrantes retornadas: prestación económica directa, individual, extraordinaria e non periódica dirixida a persoas galegas retornadas da emigración que se atopen nunha situación de precariedade económica.
- Axudas asistenciais individuais para persoas galegas residentes no exterior: prestación económica directa, individual, extraordinaria e non periódica dirixida a persoas galegas e ás súas familias residentes no estranxeiro que se atopen nunha situación de precariedade económica.
- Actividades de campamentos.
- Vacacións para lembrar.
- Fundación Galicia Emigración.
Para a tramitación de solicitudes ou para obter máis información sobre estes recursos, é preciso concertar unha entrevista cos servizos sociais do Concello. Para solicitar a cita, pódese acudir ás oficinas do departamento ou chamar por teléfono.
Centro Sociocultural, rúa do Convento s/n – 3º andar.
Horario de atención ao público: de luns a venres de 9.00 h a 14.00 h.
981 492 179