Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O MUSEO MARES DE CEDEIRA SOLICITA A COLABORACIÓN DO POBO

Pola nova Lei 7/2021, de 17 de febreiro, de museos e outros centros museísticos de Galicia, o Museo Mares de Cedeira, como colección museográfica intégrase no Sistema Galego de centros Museísticos, e precisa cumprir e manter os requisitos que esa lei lle esixe.
Por iso, seis anos despois do nacemento do Museo Mares de Cedeira, voltamos a solicitar a colaboración do pobo, para que todos aqueles que nalgún momento fixesen algunha doazón ou depósito de pezas, libros ou documentos, pasen polo museo a firmar os documentos de doazón ou depósito correspondentes antes do 30 de setembro. A partir desa data, procederase á publicación en boletíns oficiais do último prazo voluntario para a identificación e firma da documentación esixida para resolver a situación legal das pezas. A partir da fin dese último prazo, todas aquelas pezas, libros, documentos, etc. que non haxan sido identificados, pasarán a ser automaticamente propiedade do Museo Mares de Cedeira, sen que se poida reclamar a súa titularidade agás polos medios contemplados na lexislación vixente.
O horario de apertura é de mércores a domingo, de 11 a 14 e de 16 a 19 horas, e o teléfono activo nese horario é o 656577273.
No museo resolveranse todas as dúbidas que se poidan ter con respecto a este tema.