Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O CONCELLO DE CEDEIRA CONCEDE AXUDAS POR VALOR DE 36.000€ ENTRE OITO ENTIDADES SOCIOCULTURAIS DA VILA

A Xunta de Goberno do Concello de Cedeira acaba de resolver a convocatoria de subvencións para as entidades socioculturais do municipio, nos seus dous apartados de actividades e investimentos. Segundo informou o alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, as axudas repartidas esgotan na súa totalidade o orzamento previsto, de 36.000€, unha circunstancia “que é unha satisfacción, porque denota que o tecido asociativo recupera folgos despois dun ano moi complicado e que volve a promover actividades que darán vida e animación á veciñanza”.

A convocatoria reservaba 30.000 euros para actividades e 6.000 para investimentos en material inventariable das asociacións. Oito entidades da vila repártense os fondos, que se adxudicaron polo sistema de concurrencia competitiva.

Na primeira destas categorías, a de actividades, as entidades beneficiarias son as seguintes:

  • Sociedade Artística Eixil: 5019,61€
  • Asociación de Veciños Cervo Tarroiba: 5521,57€
  • Asociación de Mulleres Vila de Cedeira: 5333,33€
  • Asociación de Veciños e Amigos de San Román: 5333,33€
  • Asociación Acordeóns de Cedeira: 4400€
  • Asociación Cultural Discalzos polo Festival: 4392,16€

Na segunda categoría, adicada a investimentos, o reparto de axudas foi a que sigue:

  • Sociedade Artística Eixil: 795,17€
  • AVV Cervo Tarroiba: 931,48€
  • Asociación As Aturuxeiras: 681,57€
  • Asociación de Mulleres Vila de Cedeira: 851,96€
  • Asociación cultural Rondalla de Cedeira 679,00€
  • Asociación de Veciños San Román: 942,84€
  • Asociación cultural Buxainas: 567,98€
  • Asociación Acordeóns de Cedeira: 550,00€