Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

ANALÍTICAS NO RÍO E NA RÍA

A ría de Cedeira comeza nos sumidoiros

As placas metálicas, que poden verse en diferentes puntos da vila, instaladas ao carón das reixas dos sumidoiros e que, indican “A ría comeza aquí”, forman parte da campaña de sensibilización sobre o uso responsable dos sumidoiros, iniciada no ano 2020 e que, ten como obxectivo lembrar que o concello de Cedeira conta con rede separativa para o saneamento, é dicir, existen dúas canalizacións independentes: unha delas transporta as augas residuais de orixe doméstica, comercial ou industrial ata as estacións depuradoras; e a outra conduce as augas pluviais ata o medio receptor sen tratamento algún.

Por este motivo, débense evitar xestos nocivos co medio ambiente como verter aos sumidoiros as augas de fregar, ou tirar cabichas e lixo no chan, xa que acabarán sendo arrastradas aos sumidoiros, producindo taponamentos na rede e, efectos negativos sobre a vida mariña.

Todos e todas podemos contribuír á mellora da calidade das augas, facendo un uso responsable dos sumidoiros.


VER PDF A ría comeza aquí.

Saneamento e depuración de augas residuais

O Concello de Cedeira lembra que estas instalación de saneamento están deseñadas exclusivamente para augas residuais domésticas ou asimilables a domésticas e que calquera vertedura que non se corresponda con estas características ou que supere os límites máximos admisibles poderá ser sancionada.

Podemos colaborar na redución de problemas na rede de saneamento e nos sistemas de depuración, con algunhas sinxelas prácticas.

1- Aforrar auga. No seguinte PDF pódese acceder a información complementaria sobre o aforro de auga:



VER PDF 10 razóns para aforrar auga

2- Utilizar xabóns e deterxentes biodegradables, con baixo contido en fosfatos

3- Evitar desbotar residuos orgánicos polo vertedoiro.

4- Evitar utilizar o retrete e outros desaugadoiros como vertedoiro do lixo. Xéranse importantes problemas ao botar produtos como:

  • Graxas alimentarias, aceites vexetais usados ou restos de alimentos
  • Produtos farmacéuticos e cosméticos, pinturas e disolventes, lixivia, amoníaco, pesticidas ou insecticidas.
  • Toalliñas húmidas, bastonetes e outros téxtiles.