Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

ESTRUTURA DO DEPARTAMENTO DE MEDIO AMBIENTE E MEDIO RURAL

O departamento de Medio Ambiente do Concello de Cedeira atópase no primeiro andar da Casa do Concello (rúa Real nº 15) e está dirixido polo alcalde Pablo Diego Moreda Gil.

Desde este departamento coordínanse todos os asuntos relativos ás xestións para o mantemento e limpeza dos terreos de propiedade municipal, o control das actividades de saca de madeira e a promoción de programas para a conservación e mellora do medio ambiente e do mar.

O departamento de Medio Rural do Concello de Cedeira atópase no primeiro andar da Casa do Concello (rúa Real nº 15) e está dirixido polo concelleiro-delegado Manuel Pérez Riola.

No área de medio rural municipal o traballado do concello céntrase na coordinación das labores de limpieza, desbroce de camiños, saneamento e xestión integral dos servizos no rural. Así mesmo, realízase desde esta área o seguimiento do convenio coa Xunta de Galicia dos Montes da Capelada.