Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

DENUNCIA DE LIMPEZA DE FINCAS

No Concello de Cedeira, calquera persoa pode interpoñer denuncia pola falta de coidado e limpeza de fincas que poidan ocasionar perigo de incendio e supoñan un incumprimento por parte dos propietarios da obriga de manter os terreos en condicións adecuadas de seguridade, salubridade e ornato público.

Pode descargar a instancia nas seguintes ligazóns:


VER PDF Instancia denuncia limpeza de fincas

DESCARGA WORD Instancia denuncia limpeza de fincas

As denuncias poderán presentarse por rexistro presencial ou a través do rexistro electrónico:

Casa do Concello, Rúa Real nº 15.

De luns a venres 9.00 a 14.00 h; sábados de 10.00 a 13.00 h.

As denuncias presentadas darán lugar a un informe técnico municipal, que valorará a situación en función da lexislación vixente.

Nas seguintes ligazóns pode consultar as leis que regulan a limpeza de fincas:

IR Á LIGAZÓN Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia

IR Á LIGAZÓN Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia