Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

CONTROL DE POMBAS

O Concello de Cedeira leva a cabo un control da pomba común polo risco que pode supoñer para a saúde e a seguridade das persoas, así como polas continuas molestias que poden causar á veciñanza.

Logo de realizar os pertinentes estudos que deron como resultado a constatación da existencia dunha poboación de pombas a todas luces excesiva, dada a poboación da vila e a dimensión do seu casco urbano, desde o Concello determinouse a adopción dun plan de actuación consistente na instalación de gaiolas trampa (sen morte) no centro urbano da vila.

Semanalmente, estas gaiolas serán revisadas e trasladaranse os animais en vehículos habilitados a un núcleo zoolóxico, onde as pombas serán sometidas a un período de corentena.

Logo deste período (no caso de animais enfermos ou eivados) ou directamente ao recibirse (no caso de pombas sas), os exemplares serán liberados en lugares determinados pola Consellería de Medio Ambiente.

Para a instalación das gaiolas requirirase a colaboración dos/as veciños/as, tanto para o acceso inicial aos inmobles coa finalidade de colocar as gaiolas como para a posterior retirada das pombas capturadas.