Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

PRESENTACIÓN DE RECURSO ADMINISTRATIVO MEDIO AMBIENTE

Calquera persoa interesada poderá prensentar recurso contra os actos administrativos ditados polo Concello, sempre que o faga cumprindo as condicións e os prazos que marca o acto/procedemento obxecto do recurso.

Contra os actos administrativos e resolutivos deste departamento, poden presentar dous tipos de recursos:

  • Recurso de alzada:

Poderase interpoñer recurso de alzada contra calquera acto ou resolución que non poña fin á vía administrativa.

Prazo máximo de presentación: un mes desde que o Concello informe da resolución.

Prazo máximo de resolución: tres meses desde a presentación do recurso.

  • Recurso de reposición:

Poderase interpoñer recurso de reposición contra calquera acto ou resolución que poña fin á vía administrativa

Prazo máximo de presentación: un mes desde que o Concello informe da resolución.

Prazo máximo de resolución: un mes desde a presentación do recurso.

Todos os recursos que se interpoñan no Concello deberán incorporar, como mínimo, a seguinte información:

  1. Identificación persoal.
  2. Acto que se recorre e a razón da súa impugnación.
  3. Lugar, data, sinatura, identificación do medio e do lugar que se sinale a efectos de notificación.
  4. Órgano administrativo ao que se dirixe.
  5. Particularidades esixidas por disposicións específicas.

O erro na cualificación do recurso por parte da persoa recurrente non será obstáculo para a súa tramitación, sempre que poida deducirse o seu verdadeiro carácter.

Todas as resolucións que son comunicadas por parte do Concello as persoas interesadas incorporan no propio texto da resolución os prazos e as condicións para interpoñer recurso de reposición ou de alzada contra o acto administrativo comunicado.

Na seguinte ligazón pódese descargar o formulario dispoñible no Concello para a presentación de recursos de alzada e reposición:


VER PDF Instancia para presentación de recurso de alzada ou reposición

Nas seguintes ligazóns pódense consultar as leis que regulan os recursos de reposición e alzada no ámbito da administración local:

IR Á LIGAZÓN Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (Artigo 112 e seguintes)

IR Á LIGAZÓN Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. Artigo 14