INFORMACIÓN SOBRE IGUALDADE
A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade ofrece orientación, información e apoio co obxectivo de favorecer a igualdade de xénero. Pretende tamén dar axuda ás persoas que padecen especiais dificultades.
ONDE DIRIXIRSE NO CASO DE MALOS TRATOS
Recomendacións e directorio de teléfonos para chamar no caso de detectar violencia de xénero.
Se quere denunciar pode dirixirse a:
- Policía Autonómica
- Comisaría de Policía Local
- Cuarteis da Garda Civil
- Xulgado de Garda
- Servizos sociais
Non esqueza incluír na denuncia:
- Testemuñas, se as hai.
- Copia do parte médico de lesións, se procede.
- Identificación da persoa agresora.
- Copia da denuncia.
Se ten que marchar da casa, non esqueza:
- DNI.
- Tarxeta da Seguridade Social.
- Libro de familia.
- Cartilla de aforros ou datos da conta corrente.
TELÉFONOS DE INTERESE
- Teléfono da muller: 900 400 273
- Policía Nacional: 091
- Garda Civil: 062
- Policía Autonómica: 981 546 415 – 981 546 474
- Emerxencias: 112
- Policía Local de Cedeira: 619 309 449
- Urxencias médicas: 061
Para obter máis información, pódese acudir ás oficinas do departamento de servizos sociais ou chamar por teléfono:
Centro Sociocultural, rúa do Convento, s/n, 3o andar.
Horario de atención ao público: de luns a venres de 9.00 h a 14.00 h.
981 492 179