Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

SERVICIOS SOCIAIS

O CONCELLO DE CEDEIRA ENTREGA NOVOS DESFIBRILADORES ÁS ENTIDADES VECIÑAIS DE CERVO, SAN ROMÁN E MONTOXO

O alcalde de Cedeira, Pablo Diego Moreda Gil, e a concelleira Carmela Prieto entregaron estes días ás asociacións veciñais de Cervo, San Román e Montoxo tres desfibriladores para facer dos seus locais sociais novas zonas cardioprotexidas. O goberno local comezou en 2017 un programa para dotar os puntos máis concorridos da localidade destes equipos, que no caso dunha parada cardíaca poden resultar vitais. Coas novas adquisicións son xa dez os desfibriladores distribuídos por diferentes espazos públicos da vila.

A compra destes tres novos equipos supuxo un gasto de 5.304,5€ ao Concello. Responsables da sociedade cultural Tarroiba –da Asociación Veciñal de Cervo-, así como das asociacións de veciños de San Román e de San Xulián de Montoxo recibiron estes días os desfibriladores semiautomáticos, homologados para o seu uso por parte de persoal non sanitario.

Xunto con estas tres entidades, contan tamén en Cedeira con desfibriladores o campo de fútbol de O Beco, o Polideportivo Municipal, o CEIP Nicolás do Río, o Concello, o Auditorio e os locais sociais de Saa, Figueiras e Piñeiro.

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS PARA COMISIÓNS DE FESTAS PARROQUIAIS 2022

O Concello destina 4.000 euros a subvencións para comisións de festas parroquiais. Estes colectivos teñen de prazo de solicitude de axuda ata o vindeiro 20 de setembro de 2022.

Na seguinte ligazón pode consultar a bases:

IR Á LIGAZÓN Bases da convocatoria de concesión de subvencións para comisións de festas 2022

IR Á LIGAZÓN Anexo A

IR Á LIGAZÓN Anexo B

O CONCELLO INVISTE 10.000€ NA COMPRA DE SEIS CAMAS XERIÁTRICAS PARA O PRÉSTAMO A PERSOAS USUARIAS DO SAF

O Concello de Cedeira realizou unha nova compra de camas xeriátricas coa finalidade de seguir mellorando o equipamento que a administración local pon a disposición das persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Desta volta investíronse 10.000€ na compra de seis camas xeriátricas dotadas de incorporador e varandas.

O Concello de Cedeira foi nos últimos anos mellorando pouco a pouco a súa dotación deste tipo de equipos. Así, con esta última compra, a administración local conta cun total de 36 camas xeriátricas e 12 guindastres que se prestan de balde ás familias que os precisan, e que carecen dos recursos económicos para compralas, co obxectivo de facerlles máis doado o coidado das persoas enfermas e encamadas a elas mesmas e ao persoal do Servizo de Axuda no Fogar. É un equipamento que redunda directamente na mellor calidade de vida dos doentes e das persoas que os coidan.