Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

PARTICIPACION

Cedeira acollerá este domingo unha andaina solidaria a prol da Asociación Española contra el Cáncer

CEDEIRA ACOLLERÁ ESTE DOMINGO UNHA ANDAINA SOLIDARIA A PROL DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA EL CÁNCER

O Concello de Cedeira colabora coa Asociación Española contra el Cáncer (AECC) na organización da Andaina Solidaria prevista para a xornada do próximo domingo. O goberno municipal invita á veciñanza a participar activamente nunha convocatoria que ademais de ter unha fin social tamén sirve de promoción do deporte como hábito saúdable.

As persoas que poidan estar interesadas teñen a posibilidade de apuntarse na páxina evedeportnorte.com, sempre que sexa antes das 23.59 horas do día18; na Oficina de Turismo e xoguetería Rosa, ata o sábado, e a partir das 9.30 do domingo 21 na mesma liña de saída. O prezo da inscrición é de 5 euros. Tanto o importe íntegro da recadación como o diñeiro procedente da venda de camisetas (5 euros) e chuvasqueiros (10 euros), entre outros obxectos, ingresarase nos fondos da AECC para contribuír á investigación e axudar aos enfermos e as súas familias.

O punto de partida será a praza Roxa e as 11.00 horas o momento do inicio dunha proba na que os participantes terán que percorrer unha distancia de case cinco quilómetros, arredor de 4.600 metros.

O itinerario descorrerá polo paseo marítimo, a zona do Beco, a barriada da Area, a Xunqueira, o paseo fluvial e o malecón. Previo ao inicio da andaina haberá unha sesión de zumba, que estará a cargo do grupo de Fanni Barge, mentres que o seu comezo estará marcado pola música da Batukada Discalz@s. A organización tamén conta coa colaboración do club ciclista local, xa que algúns dos seus socios poñeranse tanto ao inicio como ao final do grupo de participantes. Teresa Beceiro está á fronte da xunta local de Cedeira da Asociación Española contra el Cáncer.

Exposición do censo electoral para as eleccións municipais

EXPOSICIÓN DO CENSO ELECTORAL PARA AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS

Ante a vindeira convocatoria de Eleccións Locais, Autonómicas e ao Parlamento Europeo, e en cumprimento da Lei Orgánica 5/1985 do Réxime Electoral Xeral, de 19 de xuño, o Concello de Cedeira manterá un servizo de consulta do Censo Electoral e permanecerá exposta ao público a relación de Mesas e Colexios Electorais deste Municipio do 8 ao 15 de abril do 2019 de 9.00 a 14.00 horas.

A consulta do Censo Electoral levarase a cabo de forma presencial, polo propio interesado/a, acreditándose mediante DNI, pasaporte, ou permiso de conducir no que apareza a fotografía do titular.

Non obstante, poderá exercer o seu dereito á consulta a través dos teléfonos da Oficina do Censo Electoral: 981 27 74 39, 981 21 74 26, 901 101 900 Advírtese da conveniencia de consultar as listas electorais por aquelas persoas que cumpriron recentemente 18 anos de idade, así como os que cambiaron de enderezo nos últimos meses.

Dentro do prazo indicado calquera persoa poderá formular reclamacións sobre os seus datos censais. As reclamacións poderán presentarse directamente na Delegación Provincial da Oficina do Censo electoral ou a través deste Concello, onde tamén se lles facilitarán os correspondentes impresos de reclamacións

A Deputación convoca as liñas de axudas do Plan de Emprego Local

A DEPUTACIÓN CONVOCA AS LIÑAS DE AXUDAS DO PLAN DE EMPREGO LOCAL

A Deputación da Coruña vén de publicar no BOP da Coruña, os días 6 (bases) e 20 (convocatorias) de marzo de 2019 as bases e convocatorias das seguintes liñas de axudas. Seguindo as ligazóns, accédese ás convocatorias:

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación do extracto de convocatoria no BOP da Coruña, e rematará ás 14.00 horas do día 22 de abril de 2019.