Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

MOCIDADE

Alumnos do colexio A Fraga das Pontes visitan o xacemento do Sarridal

ALUMNOS DO COLEXIO A FRAGA DAS PONTES VISITAN O XACEMENTO DO SARRIDAL

Se o xoves foron alumnos do Nicolás del Río e de Antropoloxía de Cedeira os que coñeceron máis de cerca o xacemento do Sarridal, onte a escavación recibiu a visita dos alumnos de 6ª de Primaria do colexio A Fraga das Pontes.

Os estudantes foron recibidos pola concelleira de Cultura e arqueóloga de profesión, María Xosé Rodríguez Pérez, que explicou as características dun asentamento cuxa construción é anterior á colonización dos romanos.

Os alumnos ponteses tamén aproveitaron a súa estancia na vila de Cedeira para visitar o castelo da Concepción, situado nas inmediacións dun castro que xa se está a comportar como novo e importante reclamo de atención turística da localidade.

Isidoro Hornillos, invitado na XVIII Gala do Deporte de Cedeira que será mañá no Pavillón

ISIDORO HORNILLOS, INVITADO NA XVIII GALA DO DEPORTE DE CEDEIRA QUE SERÁ MAÑÁ NO PAVILLÓN

Á presenza de Vicente del Bosque e do remeiro Joaquín Montero Gómez nas dúas últimas citas da Gala do Deporte de Cedeira haberá que engadir a de Isidoro Hornillos na xornada de mañá venres. O actual presidente da Federación Galega de Atletismo e ex atleta olímpico asistirá pola tarde, a partir das 20.30 horas, á que fai a edición número XVIII da gala no pavillón municipal.

Isidoro Hornillos destacou en probas de velocidade e de maneira máis especial na dos 400 metros, na que obtivo os seus maiores éxitos deportivos. Hornillos formou parte así mesmo da selección española de atletismo, conseguindo diversos títulos de campión de España e varias plusmarcas nacionais absolutas. Na actualidade tamén está ao fronte da Unión de Federacións Deportivas Galegas (Ufedega) e desde o ano 1990 é profesor universitario na Facultade de Ciencias do Deporte e de Educación Física da UDC, unhas actividades que tamén compaxina coa súa faceta de escritor.

O alcalde, Pablo Mareda Gil, destacou a importancia de contar cunha das grandes figuras do atletismo para dignificar aqueles deportes, tal vez menos coñecidos que o fútbol, pero relevantes tanto por tratarse de disciplinas “moi sacrificadas” como polos moitos logros e alegrías que supoñen para o deporte español. Moreda Gil volorou así mesmo o traballo que desde a Federación Galega se fai cara ao deporte local e reiterou o compromiso do goberno municipal co atletismo.

Aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR A PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE 3 ANOS

O Concello de Cedeira informa da apertura do prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos. O prazo de solicitude é do 04 de abril ao 28 de maio.

A prestación consiste nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:

a) Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.

b) Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.

c) Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

Pode consultar toda a información ao respecto desta prestación nos servizos sociais municipais, e na seguinte ligazón:
IR Á LIGAZÓN Información sobre prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos