Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

MOCIDADE

A PRAZA ROXA ACOLLERÁ ESTE SÁBADO O ESPECTÁCULO “FANTASÍA COAS PALABRAS” PARA O PÚBLICO FAMILIAR

O Concello de Cedeira invita ao público infantil e familiar a asistir este sábado ao espectáculo “Fantasía coas palabras”. María Faltri e Jorge Juncal editaron con este título un disco-libro do máis orixinal e divertido para aprender o abecedario, un traballo que ofrecen agora en vivo sumándolle tamén a acción teatral sobre o escenario. A cita será ás 20.00 horas na Praza Roxa.

María Faltri ten a importante experiencia de formar parte do grupo Faltriqueira, co que xirou internacionalmente e conseguiu destacables éxitos discográficos. No mundo infantil, comezou traballando na compañía de Magín Blanco, onde se atopou con Jorge Juncal, un músico multiinstrumentista e compositor que aporta tamén unha sólida experiencia. En “Fantasía coas palabras”, María Faltri e Jorge Juncal forman parte dun quinteto con batería, baixo, quitarra, piano e voces.

Cumprindo as medidas de seguridade sanitaria vixentes, asignaranse as cadeiras ao público asistentes por orde de chegada ata completar o aforo.

Roteiros

Por outra banda, o Concello de Cedeira está a desenvolver o programa de roteiros “Descobre Cedeira”. Este xoves, día 8, desenvolverase unha andaina guiada por Santo André de Teixido. O percorrido comezará ás 10.00 horas na Igrexa de Régoa e rematará ás 17.00 horas. Está considerado de dificultade media.

Para o vindeiro martes, día 13, convócase o Roteiro dos Tesouros, un percorrido fácil con saída ás 10.00 e que remata ás 14.00 horas. O percorrido vai desde o Palacete Municipal, polo paseo marítimo, ata o faro de Robaleira.

Para calquera dos roteiros é preciso inscribirse previamente na Oficina de Turismo, en persoa ou a través de mail -mar.lopez@cedeira.es- ou teléfono -981 482 187-.

2º ENCONTRO DÚATLON DE MENORES

Encontro de menores non competitivo dirixido a deportistas con licenza vixente FEGATRI a partir de 6 anos cumplidos.

Datas e horarios das carreiras:

Domingo 11 de xullo de 2021

Dúatlon en formato de carreira a pé e ciclismo. A entrada en meta farase xusto despois da liña de desmontaxe coa bicicleta na man.

CARREIRA BICICLETA HORA
PREBENXAMÍN (2014-2015*) 300m (1v) 1500 m (1v) 11:00
BENXAMÍN (2012-2013) 500m (1v) 1500 m (1v) 11:20
ALEVÍN (2010-2011) 1000m (2v) 3000 m (2v) 11:50
INFANTIL (2008-2009) 1500m (2v) 3000 m (2v) 12:30

OS HORARIOS PODERÁN SUFRIR VARIACIÓNS EN FUNCIÓN DA INSCRICIÓN NA PROBA

Inscricións:

Inscrición gratuíta.

Ata o martes 6 de Xullo de 2021

A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado Regulamentos/inscricións

Descarga o regulamento na seguinte ligazón:

DESCARGA PDF REGULAMENTO