Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

MOCIDADE

MÁIS DE 80 RUTAS PARA DESCUBRIRMOS A EXCEPCIONALIDADE XEOLÓXICA DO NOSO TERRITORIO

Entre xullo e setembro desenvolveranse máis de 80 xeorrutas que ofrecen unha visión moi detallada das especificidades de toda a área do ámbito do proxecto. As primeiras desenvolveranse esta fin de semana por Cedeira, San Sadurniño e Moeche. Pero hai máis, moitísmas máis, algunhas delas desde o mar.

O catedrático en Xeoloxía Francisco Canosa volverá a estar un ano máis á fronte destas experiencias, que favorecen o coñecemento do territorio e están pensadas para familias e afeccionados á natureza e espazos ao aire libre.

Para participar nestas rutas -na súa maioría de dificultade baixa- cómpre prestarlle atención ao calendario publicado en Google Calendar con todas as datas, onde figuran as ligazóns aos formularios de reserva que adoitan activarse 15 días antes. Cómpre andar con lixeireza, posto que as prazas son limitadas e adoitan esgotarse ás poucas horas de abrir as inscricións.

Para máis información visita a seguinte ligazón:

Máis de 80 rutas para descubrirmos a excepcionalidade xeolóxica do noso proxecto

CEDEIRA INAUGURA O VENRES A MOSTRA “AMANTES DA MÚSICA”, CON FOTOGRAFÍAS DE DARÍO LÓPEZ E LUIS LOSADA

O Concello de Cedeira inaugurará o vindeiro día 2 de xullo, ás 20.00 horas no Palacete Municipal, a mostra fotográfica “Amantes da Música”. Segundo explicou a concelleira de Cultura, Ermitas García, a exposición recolle 62 imaxes tomadas por Darío López e Luis Losada como resultado dun traballo dirixido a retratar e homenaxear ás persoas que manteñen viva a rica cultura musical da vila.

Darío López e Luis Losada, activos afeccionados á fotografía que forman parte do colectivo Ollo Atlántico e Grupo Bazán de fotografía, asistiron durante dous anos, no 2018 e 2019, a ensaios e actuacións das numerosas formacións musicais que integran o panorama musical cedeirés, para captar coas súas cámaras a intérpretes e conxuntos, tanto profesionais como amadores, en imaxes de grupo e de detalle coas que conxelaron os seus xestos e emocións. Os “Amantes da Música” que aparecen na exposición son homes e mulleres, nenos e nenas, cada quen coa súa particular forma de vivir e sentir a música.

A mostra vai permanecer aberta ao público no Palacete Municipal ata o vindeiro 26 de xullo. O horario de apertura será de luns a venres de 09.00 a 14.30 horas e de 15.30 a 20.00 horas, así como os sábados de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas e os domingos pola máñá, de 10.00 a 14.00 horas.

RUTA DE SENDEIRISMO CAMIÑAMOS

Dirixidas a adultos e nenos (menores de 7 anos acompañados dun adulto)
A rutas realizarase os martes e xoves de xullo en horario de 10:00 a 14:00h con saída e chegada o polideportivo.

As inscricións farase na oficina do polideportivo:
☎️teléfono 981 482 633
📧Correo electrónico polideportivocedeira@gmail.com

As listas de participantes pecharanse os luns e mércores ás 20:00h.
Esta actividade é gratuita.