Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

COVID-19

Cedeira apoia as medidas adoptadas pola Mancomunidade para protexer ás personas e actividades económicas máis prexudicadas pola crise

O alcalde de Cedeira, Pablo Diego Moreda Gil, participou onte na reunión da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol na que foi adoptada a decisión de protexer ás persoas e actividades económicas máis prexudicadas pola declaración do Estado de Alarma.

Este compromiso levará aos nove concellos da Mancomunidade a coordinar a adopción de medidas fiscais en relación co cobro de taxas e impostos municipais para que non existan disparidades entre os municipios e para que os seus beneficiarios sintan o apoio da Administración.

A xuntanza, que estivo presidida polo alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e na que estiveron presentes a través de videoconferencia a totalidade dos rexedores municipais, serviu así mesmo para compartir información sobre a loxística despregada en cada concello en relación co acceso e distribución de material de protección fronte ao coronavirus e atención sociosanitaria, entre outros.

Os responsables municipais destacaron o importante labor que están a levar a cabo as persoas implicadas nestas tarefas e acordaron brindarse colaboración mutua, a través dos seus respectivos servizos de Protección Civil, para actuar de maneira conxunta no caso de que sexa detectada algunha necesidade.

Alén de dificultades técnicas iniciais, o encontro desenvolveuse correctamente a través de videoconferencia, polo que os asistentes acordaron fixar unha nova reunión por este mesmo sistema para o vindeiro mércores, día 8 de abril, ás 12.00 horas, e manter a coordinación por outras vías ata esa data.

O Concello de Cedeira pon a disposición dos/as veciños/as mascarillas solidarias

Para solicitalas deben mandar un correo electrónico a alcaldia@cedeira.gal ou chamar ao 981480000 ou 673223414 indicando nome e apelidos, teléfono e cantidade de mascarillas que precisa.

O Concello lembra que:
As mascarillas solidarias non están homologadas, polo tanto non son aptas para uso sanitario.
Ofrecen unha protección limitada e insuficiente. É recomendado tomar medidas preventivas adicionais.

Pode ler as recomendacións de uso das mascarillas solidarias na seguinte ligazón:
DESCARGA PDF recomendacións de uso das mascarillas solidarias

O Real Decreto-lei 12/2020, do 31 de marzo, reforza as medidas de protección e asistencia ás vítimas de violencia de xénero

O BOE de hoxe 1 de abril publicou o Real Decreto-lei 12/2020, do 31 de marzo, de medidas urxentes en materia de protección e asistencia ás vítimas de violencia de xénero. A norma, que entrarán vigor mañá, foi aprobada polo Consello de Ministros de onte no marco das novas medidas implementadas para facer fronte á crise sanitaria.

DESCARGA PDF Real Decreto-lei 12/2020, do 31 de marzo, de medidas urxentes en materia de protección e asistencia ás vítimas de violencia de xénero.