Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

COVID-19

Novas instrucións sobre o uso de mascarillas no transporte

O domingo 3 de maio publicouse a Orde TMA/384/2020, que amplía as instrucións de protección ante o covid-19 reguladas no Real Decreto de declaración de estado de alarma, centrándose na regulación da obrigatoriedade do uso de mascarillas en medios de transporte e fixando diferentes criterios para garantir a mobilidade segura.

Descarga Orde TMA/384/2020, do 3 de maio, pola que se ditan instrucións sobre a utilización de máscaras nos distintos medios de transporte e fíxanse requisitos para garantir unha mobilidade segura de conformidade co plan para a transición cara a unha nova normalidade.

Dispositivo especial para a distribución de máscaras para o uso de particulares no transporte colectivo

Hoxe a Garda Civil xunto coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, iniciaron un dispositivo especial para a distribución de máscaras para o uso de particulares no transporte colectivo.

Este material foi enviado desde a subdelegación do goberno dado o uso obrigatorio das máscaras no transporte público.

Entregáronselle aos taxistas e aos conductores de autobuses para o seu uso e para os usuarios deste servizo.
Se algún profesional do sector do noso concello non recibiu as súas mascarillas, pode poñerse en contacto co concello a través do número 981 480 000 para solicitalas.

 

Descarga Orde TMA/384/2020, do 3 de maio, pola que se ditan instrucións sobre a utilización de máscaras nos distintos medios de transporte e fíxanse requisitos para garantir unha mobilidade segura de conformidade co plan para a transición cara a unha nova normalidade

O Boletín Oficial do Estado dita novas instrucións técnicas aos Concellos sobre a xestión do Padrón municipal.

O Boletín Oficial do Estado do 2 de maio recolle a Resolución pola que se ditan instrucións técnicas aos Concellos sobre a xestión do Padrón municipal, que se adxunta máis abaixo. Entre outras cuestións, o texto indica que se incorporaron dous novos documentos válidos para acreditar a identidade, expedidos polo Ministerio do Interior:

  • Resgardo de presentación de solicitude de protección internacional» expedido con dúas datas de validez, operativo desde o 1 de xuño de 2019.
  • Ficha de inscrición MENA (Menor Estranxeiro Non Acompañado).

Descarga Resolución do 29 de abril de 2020, da Subsecretaría, pola que se publica a Resolución do 17 de febreiro de 2020, da Presidencia do Instituto Nacional de Estatística e da Dirección Xeral de Cooperación Autonómica e Local, pola que se ditan instrucións técnicas aos Concellos sobre a xestión do Padrón municipal.