O Boletín Oficial do Estado dita novas instrucións técnicas aos Concellos sobre a xestión do Padrón municipal.
O Boletín Oficial do Estado do 2 de maio recolle a Resolución pola que se ditan instrucións técnicas aos Concellos sobre a xestión do Padrón municipal, que se adxunta máis abaixo. Entre outras cuestións, o texto indica que se incorporaron dous novos documentos válidos para acreditar a identidade, expedidos polo Ministerio do Interior:
- Resgardo de presentación de solicitude de protección internacional» expedido con dúas datas de validez, operativo desde o 1 de xuño de 2019.
- Ficha de inscrición MENA (Menor Estranxeiro Non Acompañado).