Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

COVID-19

Publicadas no BOP as bases reguladoras de axudas para o impulso da actividade económica no termo municipal de Cedeira para paliar os efectos da COVID-19

O Boletín Oficial da Provincia publicou na súa edición de onte as bases polas que empresarios e autónomos, comunidades de bens ou sociedades civís da localidade poderán acceder ás axudas concedidas polo Concello para reactivar a economía local e atenuar o impacto da crise ocasionada pola Covid-19.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP). A presentación da documentación fóra de prazo e a non utilización dos formularios normalizados de uso obrigatorio, serán causas de rexeitamento cara á tramitación da axuda.

Nas seguintes ligazóns pode descargar as bases así coma os impresos de solicitude:

DESCARGA bases reguladoras de ayudas para el impulso de la actividad económica en el término municipal de Cedeira, para paliar los efectos del covid-19

DESCARGA SOLICITUDE DA SUBVENCIÓN POR PERSOAS FÍSICAS

DESCARGA DECLARACIÓN RESPONSABLE PERSOAS FÍSICAS

DESCARGA SOLICITUDE DA SUBVENCIÓN POR PERSOAS XURÍDICAS, COMUNIDADES DE BENS, SOCIEDADES CIVÍS OU ENTIDADES ECONÓMICAS SEN PERSONALIDADE XURÍDICA

DESCARGA DECLARACIÓN RESPONSABLE PERSOAS XURÍDICAS, COMUNIDADES DE BENS, SOCIEDADES CIVÍS OU ENTIDADES ECONÓMICAS SEN PERSONALIDADE XURÍDICA

 

 

Xa está dispoñible o modelo de autoliquidación para o campamento urbano

O Concello de Cedeira pon a disposición da veciñanza o modelo de autoliquidación do prezo público para o campamento urbano de Cedeira.

Na seguinte ligazón pódese efectuarse a descarga do documento:

DESCARGA PDF Modelo de autoliquidación de precio público campamento urbano

Na seguinte ligazón pode consultarse tamén a ordenanza reguladora do prezo público para o campamento urbano, na que pode accederse aos importes ou tarifas de cada quenda:

DESCARGA PDF Ordenanza fiscal reguladora do prezo público para o campamento urbano

Ampliación do horario e o prazo de inscricións do campamento de verán

En data 25 de xuño, por Decreto número 321 desta alcaldía, se aprobaron as bases para a selección dos participantes no campamento urbano de Cedeira.

Resultando que o horario que figura nas devanditas bases maniféstase insuficiente para atender a finalidade última que persigue a organización do campamento que é a de facilitar a conciliación laboral coa vida persoal e familiar, considérase necesario corrixir as bases nese punto a fin de emendar o erro e ampliar o devandito horario orixinario, ampliando tamén o prazo de presentación de solicitudes e por tanto, a data de comezo do campamento.

Así mesmo substitúese, para o caso de que existan máis solicitudes presentadas dentro do prazo establecido que cumpran os requisitos que prazas vacantes, a preferencia en función da orde de presentación por rexistro polo sistema de sorteo, en aras de non prexudicar a aqueles interesados que presenten solicitude no prazo que se amplía como resultado da modificación do horario dos campamentos.

Por último, tendo en conta a sensibilidade que as administracións deben procurar ás situacións daquelas persoas máis necesitadas, introdúcese un novo cupo de reserva para aqueles menores que se atopen en situación ou risco de exclusión social ao entender que o campamento é unha solución de ocio alternativa moi beneficiosa para os menores que se atopen nunha situación destas características.

Para máis información pode descarga o decreto definitivo na seguinte ligazón:

Ver PDF Aprobación das bases do campamento de verán