Ampliación do horario e o prazo de inscricións do campamento de verán
En data 25 de xuño, por Decreto número 321 desta alcaldía, se aprobaron as bases para a selección dos participantes no campamento urbano de Cedeira.
Resultando que o horario que figura nas devanditas bases maniféstase insuficiente para atender a finalidade última que persigue a organización do campamento que é a de facilitar a conciliación laboral coa vida persoal e familiar, considérase necesario corrixir as bases nese punto a fin de emendar o erro e ampliar o devandito horario orixinario, ampliando tamén o prazo de presentación de solicitudes e por tanto, a data de comezo do campamento.
Así mesmo substitúese, para o caso de que existan máis solicitudes presentadas dentro do prazo establecido que cumpran os requisitos que prazas vacantes, a preferencia en función da orde de presentación por rexistro polo sistema de sorteo, en aras de non prexudicar a aqueles interesados que presenten solicitude no prazo que se amplía como resultado da modificación do horario dos campamentos.
Por último, tendo en conta a sensibilidade que as administracións deben procurar ás situacións daquelas persoas máis necesitadas, introdúcese un novo cupo de reserva para aqueles menores que se atopen en situación ou risco de exclusión social ao entender que o campamento é unha solución de ocio alternativa moi beneficiosa para os menores que se atopen nunha situación destas características.
Para máis información pode descarga o decreto definitivo na seguinte ligazón: