AXUDAS PARA VIVENDA
Subvencións para acceder ao alugueiro, adquisición ou arranxo de vivendas.
- Bolsa de vivenda en alugueiro: axuda a fondo perdido destinada ao alugueiro de vivenda.
- Infravivenda rural: subvención a fondo perdido para o arranxo de vivendas rurais destinada a familias con baixos ingresos.
- Axudas a persoas novas para a adquisición dunha vivenda.
Para a tramitación de solicitudes ou para obter máis información sobre estes recursos, é preciso concertar unha entrevista cos servizos sociais do Concello. Para solicitar a cita, pódese acudir ás oficinas do departamento ou chamar por teléfono.
Centro Sociocultural, rúa do Convento s/n – 3º andar.
Horario de atención ao público: de luns a venres de 9.00 h a 14.00 h.
981 492 179