Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Author: Ana

O domingo será o dia da bici no Municipio de Cedeira

O DOMINGO SERÁ O DIA DA BICI NO MUNICIPIO DE CEDEIRA

O gobierno de Cedeira invita a veciños e visitantes a sumarse ao Día da Bici, que será o domingo 28 e co que se quere fomentar a actividade física e o uso de transportes non contaminantes para traxectos urbanos.

A actividade dará comezo ás 11.00 horas e a praza Roxa será tanto o punto de partida como de chegada dun percorrido que discurrirá por San Isidro, polideportivo municipal, barrio de San Roque, paseo fluvial e porto pesqueiro. A distancia superará os cinco quilómetros, segundo fontes municipais.

Ao remate do paseo entregarase un trofeo aos participantes de menor e maior idade inscritos na proba e haberá un sorteo de agasallos cedidos por Ciclos Roca e Bici Total.

As persoas interesadas poden apuntarse o mesmo día da convocatoria na sala Áncora, a partir das 10.30 horas, e na praza Roxa, antes das once da mañá.

 

Cedeira acolle este sábado o festival internacional de buxainas e o de verán da coral Eixil

CEDEIRA ACOLLE ESTE SÁBADO O FESTIVAL INTERNACIONAL DE BUXAINAS E O DE VERÁN DA CORAL EIXIL

A actividade cultural en Cedeira intensifícase este sábado, día 27, coa celebración cunha nova edición do Festival Folclórico Internacional organizado pola Asociación Cultural Buxainas e o de Verán, que corre a cargo da coral Eixil.

A primeira das citas, que dará comezo ás 19.30 horas e terá lugar na praza Roxa- no caso de que choiva a convocatoria pasará á xornada do domingo (día 28)-, implicará a participación no programa do Grupo Etnográfico das Mariñas (Ferrol) e do Folclórico de Crastovaes (Portugal), ademais do anfitrión.

O Festival de Verán da Coral Eixil, que será ás 20.00 horas no auditorio municipal, consistirá na actuación do coro Diapasón de Ferrol, a coral de Bugollido (Ames), o coro de Ex-mineiros de El Entrego (Asturias) e a coral cedeirense. Cada unha das agrupacións Interpretará cinco cancións.

A entrada é gratuíta.