SOLICITUDE DE LICENZA DE EDIFICACIÓN

De xeito xeral, requírese licenza de edificación para os seguintes actos de uso do solo e do subsolo:

  • Os actos de edificación e uso do solo e do subsolo que, consonte a normativa xeral da edificación, precisen proxecto de obras da edificación.
  • As intervencións en inmobles declarados bens de interese cultural ou catalogados polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos.
  • As demolicións, agás as derivadas de resolucións de expedientes de restauración da legalidade urbanística.
  • Os muros de contención de terras, segundo se estableza regulamentariamente.
  • Os grandes movementos de terras e as explanacións.
  • As parcelamentos, segregacións ou outros actos de división de terreos en calquera clase de solo, cando non formen parte dun proxecto de reparcelación.
  • A implantación de calquera instalación de uso residencial, xa sexa provisional ou permanente.
  • A corta de masas arbóreas ou de vexetación arbustiva en terreos incorporados a procesos de transformación urbanística e, en todo caso, cando a dita corta derive da lexislación de protección do dominio público.

Na solicitude de licenza poderá coñecer cal é a documentación a aportar, dependendo do tipo de obra que se vaia realizar.

Pode coñecer o importe da taxa e do imposto que ten que aboar ao Concello a través da autoliquidación da solicitude de licenza de edificación usando a Calculadora de pagamento de impostos e taxas de urbanismo.

IR Á LIGAZÓN Calculadora do pago de impostos e taxas de urbanismo

Rexistro xeral municipal
Casa do Concello, Rúa Real nº15.

 

De luns a venres: de 9.00 a 14.00 h. Sábados: de 10.00 a 13.00 h.

 

981 480 000 (extensión 6).

 

IR Á LIGAZÓN Rexistro electrónico

Unha vez realizada a entrega da documentación necesaria para a concesión da licenza de primeira edificación, o Concello de Cedeira ten un prazo máximo de tres meses para conceder ou denegar a solicitude.

Logo da concesión da licenza, o solicitante pode iniciar as obras nas condicións explicitadas na autorización concedida polo Concello.

Logo da finalización das obras, o solicitante debe comunicar este feito ao Concello para, de ser o caso, proceder á liquidación definitiva das obrigas tributarias por parte dos departamentos municipais.