Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

SOLICITUDE DE LICENZA DE OCUPACIÓN VÍA PÚBLICA

A normativa urbanística obriga a presentar solicitude de autorización para a ocupación do subsolo, solo e voo da vía pública con valos, estadas, guindastres, material de construción e outras instalacións análogas.

No caso de ter previsto acometer algunha obra para a que se precise esta licenza, os trámites que se deben realizar os seguintes:

A información que se debe achegar é a sinalada na propia solicitude e deberá entregarse conxuntamente coa solicitude debidamente cuberta.

  • Fotocopia do NIF, NIE ou CIF.
  • Esbozo acoutado da situación.
  • Esbozo de emprazamento.
  • Certificado de riscos laborais (no caso de ocupación con andamios).

A ordenanza municipal que regula a taxa que se debe aboar derivada da solicitude desta licenza pode ser consultada na seguintes ligazóns.


VER PDF Ordenanza fiscal Ocupación vía pública con valos, estadas, guindastres, material de construción e outras

Para aboar os importes derivados da autoliquidación, poden realizarse os respectivos ingresos nas seguintes contas do Concello:

BBVA: ES70 0182 0622 4100 0000 0055

La Caixa: ES37 2100 4936 5822 0000 4470

Abanca: ES15 2080 5196 2931 1000 0027

Banco Pastor: ES57 0238 8151 9006 6000 0271

Banco Sabadell Gallego: ES57 0081 2238 4100 0100 0705

O texto do xustificante de ingreso da autoliquidación (concepto), debe incluir a seguinte información:

Código 33903 + (DNI do solicitante la licenza).

Unha vez realizada a entrega de documentación necesaria para a concesión da solicitude de licenza, o Concello de Cedeira ten un prazo máximo de tres meses para conceder a solicitude. Transcorrido este prazo entenderase que a solicitude está desestimada.

Logo da concesión da licenza, o solicitante pode iniciar a ocupación da vía publica nas condicións explicitadas na autorización concedida polo Concello.

Logo da finalización da ocupación da vía pública, o/a solicitante debe comunicar este feito ao Concello para, de ser o caso, proceder á liquidación definitiva das obrigas tributarias por parte dos departamentos municipais.