O Concello de Cedeira ten un modelo de xestión no servizo de recadación compartido coa Deputación provincial.

Por isto, dependendo da obriga tributaria, será a Deputación ou o Concello o responsable da xestión.

Algúns destes tributos teñen aprobado por parte do Concello exencións e bonificacións nos pagos, que poden consultarse na seguinte ligazón

IR Á LIGAZÓN Consulta dos beneficios fiscais nos tributos municipais

Imposto de Bens Inmobles I.B.I.(contribución)

Imposto sobre o Incremento de Valor de Terreos de Natureza Urbana I.I.V.T.N.U (plusvalía)

O Concello de Cedeira ten derivada na Deputación de A Coruña a xestión e o cobro do I.I.V.T.N.U.

Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica I.V.T.M. (Rodaxe)

O Concello de Cedeira ten derivada na Deputación de A Coruña a xestión e o cobro do I.V.T.M.

Imposto sobre as actividades económicas I.A.E.

O Concello de Cedeira ten derivada na Deputación de A Coruña a xestión e o cobro do I.A.E.

Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras (I.C.I.O).

O Concello é o encargado da xestión e cobro deste imposto.

Ordenanza fiscal pola prestación de servicios no centro socio-cultural e as súas instalacións

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa.

Ordenanza fiscal reguladora da Taxa pola solicitude de licenza para a apertura de calicatas ou gabias en terreos de uso público e calquera remoción do pavimento ou beirarrúas na vía pública

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa. Dependendo do tipo de obra a realizar, deberanse seguir os trámites oportunos.

Para consultar o trámites así como as cotas a pagar, a ordenanza e o período de pago pode consultar a seguinte ligazón ao departamento de urbanismo.

IR Á LIGAZÓN Trámites e cotas a pagar por la licenza para calicatas ou gabias

Ordenanza fiscal núm. 2.4, reguladora da taxa por licenzas de apertura de establecementos

O Concello é o encargado da xestión e cobro desta taxa.

  • Trámites

    A solicitude de licenza de apertura dun establecemento obriga ao pago desta taxa ao Concello.

    Igualmente, deberase abonar a taxa cando se proceda á variación ou ampliación da actividade desenvolvida no establecemento (aínda que continúe o mesmo titular), a ampliación do establecemento e calquera alteración que realice que esixa nova verificación por parte do Concello, e o cambio de razòn social permanecendo invariable a actividade.

  • Ordenanza

  • Período de pago voluntario

    O Período de pago voluntario deste imposto é ata o momento de solicitude la licenza, pois se trata dunha taxa de autoliquidación.

    No momento de rexistrar a solicitude de licenza de apertura, deberase adxuntar (entre outra documentación), o xustificante de pago da taxa.

    Para aboar esta taxa, pode facelo en calquera das seguintes contas:

    BBVA: ES70 0182 0622 4100 0000 0055

    La Caixa: ES37 2100 4936 5822 0000 4470

    Abanca: ES15 2080 5196 2931 1000 0027

    Banco Pastor: ES57 0238 8151 9006 6000 0271

    Banco Sabadell Gallego:ES57 0081 2238 4100 0100 0705

    O texto do xustificante do ingreso debe incluir a seguinte información:

    Código 32301 + (DNI do solicitante la licenza)

Ordenanza fiscal reguladora pola taxa por distribución de auga, incluidos os dereitos de enganche

O Concello ten delegado na empresa Viaqua a xestión e cobro desta taxa.

  • Trámites

    O suministro ou distribución de auga, as acometidas á rede, e a conservación e mantemento do contador e da acometida obrigan ao abono desta taxa.

    Para a xestión de alta no suministro, cambio de titularidade do recibo, pago de facturas, ou autolectura do contador, deberá facer os trámites a través da empresa Viaqua.

    Rúa Eduardo Pondal nº 6 bajo (antigua Rúa Cuartel)15350 Cedeira

     

    Luns a venres de 9.00h – 11.00 h

     

    Atención ao cliente: 900 201 230 (luns a venres de 8.00h – 21.00 h)

    Incidencias: 900 201 250 (24 horas)

    Pode realizar todos os trámites derivados desta ordenanza a través da páxina web, que pode consultar na seguinte ligazón

    IR Á LIGAZÓN Trámites para o servizo de auga a través de Viaqua

  • Ordenanza

  • Período de pago voluntario

    O cobro da taxa farase mediante recibos trimestrais, xestionado pola empresa Viaqua.

Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servicios na biblioteca

O Concello é o encargado da xestión e cobro desta taxa. Para obter toda a información sobre o servizo da biblioteca municipal e a súa xestión, ordenanza reguladora e trámites, pode consutar a seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Información sobre a biblioteca municipal

Ordenanza fiscal  reguladora da taxa por prestación do servizo de matrimonios civís

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa.

  • Trámites

    O abono desta taxa é obrigatorio cando se realice por parte do Concello a prestación do servicio de celebración de matrimonios civís a instancia dos contraentes.

  • Ordenanza

  • Período de pago voluntario

    O pago desta taxa é obrigatorio previo ao rexistro municipal da instancia, posto que os solicitantes do servicio están obligados a ingresar a pertinente autoliquidación e á entrega de xustificante de pago no momento de rexistrar a solicitude.

    IR Á LIGAZÓN Solicitude de celebración de matrimonio civil

    Para aboar esta taxa, pode facelo en calquera das seguintes contas:

    BBVA: ES70 0182 0622 4100 0000 0055

    La Caixa: ES37 2100 4936 5822 0000 4470

    Abanca: ES15 2080 5196 2931 1000 0027

    Banco Pastor: ES57 0238 8151 9006 6000 0271

    Banco Sabadell Gallego:ES57 0081 2238 4100 0100 0705

    O texto do xustificante do ingreso da autoliquidación debe incluir a seguinte información:

    matrimonio civil + (data do enlace)

Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de cemiterios municipais e outros servizos fúnebres de carácter local

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa.

  • Trámites

    O pago desta taxa é obrigatorio cando se solicite polo usuario a prestación dos servizos existentes no cemiterio, como a apertura de sepulturas e nichos, conservación dos mesmos e calquer outro servizo autorizado.

  • Ordenanza

  • Período de pago voluntario

    Non existen obrigas mensuais ou anuais de pago para os usuarios do cemiterio.

    O abono das cantidades fixadas polo Concello na ordenanza fiscal, producirase exclusivamente no momento da cesión a perpetuidade do dereito para conservar restos nos nichos, pola concesión de licencia de enterramento, e pola apertura de nichos, sepulturas ou panteóns para traslado de restos.

    IR Á LIGAZÓN Autoliquidación da taxa de cemiterios

Ordenanza fiscal reguladora da taxa polo aproveitamento especial ou utilización privativa do dominio público local

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa.

  • Trámites

    A obriga de abono desta taxa nace pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local como consecuencia da instalación de calquera elemento, aparato ou obra, independentemente de que se obtivera a correspondente licenza ou autorización.

  • Ordenanza

  • Período de pago voluntario

    Dependendo do concepto polo que se solicite licencia, o pago realizarase de xeito periódico e anual, ou de xeito puntual.

    No caso de abono de solicitude de licencia e pago puntual, este realizarase mediante autoliquidación, debendo presentarse simultaneamente coa oportuna solicitude.

    No caso de tratarse de pago periódico, este realizarase mediante padrón cobratorio, que ten o seu período de pago voluntario entre o 15 de setembro e o 20  de novembro.

    Os escritos recibidos polos condutos distintos do Rexistro Municipal, que non se rexistren acompañados do xustificante de ingreso correspondente, serán admitidos provisionalmente pero non poderá dárselles curso sen que se emende a deficiencia ao fin da cal se requirirá ao interesado para que no prazo de dez días aboe as cotas correspondentes. Transcorrido o devandito prazo sen efectualo, se terán os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude, previos os trámites oportunos.

    Unha vez recaída resolución sobre a concesión da licenza, practicarase a liquidación definitiva, ben elevando a tal categoría a autoliquidación presentada, ben emitindo unha nova liquidación, deducindo o importe da autoliquidación realizada e esixindo ou reintegrando no seu caso o suxeito pasivo as diferenzas existentes.

    Se a licenza fose denegada, e sempre que a utilización privativa ou o aproveitamento especial non se efectuasen, o interesado poderá solicitar a devolución dos dereitos ingresados por tal concepto.

    Así mesmo, o interesado poderá instar a devolución dos dereitos pagados nos casos en que, non realizándose a utilización privativa ou o aproveitamento especial, se renuncie ou desista deste. Nestes casos, se a renuncia ou desistimento se produce con posterioridade á concesión da licenza, non procederá a devolución da parte da taxa correspondente á tramitación desta.

Ordenanza fiscal reguladora da taxa por aproveitamento especial do dominio público local, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministracións de interese xeral

O Concello de Cedeira ten derivada na Deputación de A Coruña a xestión e o cobro desta taxa.

Ordenanza fiscal reguladora da taxa de vaos por entradas de vehículos a través de beirarrúas e reservas de vía pública para aparcadoiro exclusivo, parada de vehículos, e de carga e descarga de mercadorías de calquera clase

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa. Para obter toda a información sobre as solicitudes de vaos e reservas de vía e a súa xestión, a ordenanza reguladora e os trámites a realizar, pode consutar a seguinte ligazón

IR Á LIGAZÓN Información sobre vaos e reservas de vía pública

Ordenanza fiscal reguladora da taxa por utilización das instalacións deportivas e de prestación de actividades deportivas

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa. Para obter toda a información sobre a taxa polo uso das instalacións deportivas e as actividades que nelas se desenvolven, a súa xestión, a ordenanza reguladora e os trámites a realizar, pode consutar a seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Información de actividades deportivas municipais

IR Á LIGAZÓN Información para reserva unha instalación deportiva

Ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación da vía pública con postos, barracas ou casetas de venda situados en terreos de uso público local, así coma industrias rueiras e ambulantes

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa. Para obter toda a información sobre a taxa polo da vía pública para barracas, casetas e venda ambulante, a súa xestión, a ordenanza reguladora e os trámites a realizar, pode consutar a seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Información sobre ocupación de vía pública para venda

Ordenanza fiscal reguladora da taxa por licenzas de autotaxis e demáis vehículos de aluguer

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa.

  • Trámites

    A obriga de pago desta taxa nace cando a licenza de taxi se concede, cando se autoriza a súa transmisión, ou a sustitución do vehículo afecta á licenza, así como pola expedición de duplicado de licenza.

  • Ordenanza

  • Período de pago voluntario

    O importe da taxa regulada na presente Ordenanza, esixirase en réxime de autoliquidación, debendo presentarse simultaneamente coa oportuna solicitude.

    Para aboar esta taxa, pode facelo en calquera das seguintes contas:

    BBVA: ES70 0182 0622 4100 0000 0055

    La Caixa: ES37 2100 4936 5822 0000 4470

    Abanca: ES15 2080 5196 2931 1000 0027

    Banco Pastor: ES57 0238 8151 9006 6000 0271

    Banco Sabadell Gallego:ES57 0081 2238 4100 0100 0705

    O texto do xustificante do ingreso da autoliquidación debe incluir a seguinte información:

    Código 32903 + DNI Solicitante

    Os escritos recibidos polos condutos distintos do Rexistro Municipal, que non se rexistren acompañados do xustificante de ingreso correspondente, serán admitidos provisionalmente pero non poderá dárselles curso sen que se emende a deficiencia ao fin da cal se requirirá ao interesado para que no prazo de dez días aboe as cotas correspondentes. Transcorrido o devandito prazo sen efectualo, se terán os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude, previos os trámites oportunos.

    A liquidación practicada inicialmente, elevásese a definitiva unha vez que recaia resolución sobre a concesión da licenza, e se esta fose denegada o interesado poderá instar a devolución do deposito constituído. No caso de que o seu importe fose maior que o depósito previo constituído, deberá ingresarse a diferenza.

Ordenanza fiscal reguladora da taxa por licenzas urbanísticas, comunicacións previas e outros servizos urbanísticos

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa.

Ordenanza fiscal reguladora da taxa por prestación do servicio recollida de residuos

O Concello de Cedeira ten derivada na Deputación de A Coruña a xestión e o cobro desta taxa.

Ordenanza reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público local con valos, estadas, guindastres e outras instalacións análogas

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa.

  • Trámites

    Debe aboarse esta taxa cando se produza a autorización por parte do Concello da ocupación de terreos públicos locais con valos, estadas, guindastres, básculas e outras instalacións adecuadas para protección da vía pública das obras lindeiras.

  • Ordenanza

  • Período de pago voluntario

    O importe da taxa regulada na presente Ordenanza, esixirase en réxime de autoliquidación, debendo presentarse simultaneamente coa oportuna solicitude.

    O ingreso realizarase, mediante autoliquidación, e terá o carácter de depósito previo. A liquidación practicada, elevarase a definitiva unha vez que recaia resolución sobre o expediente, e se esta fose denegada o interesado poderá instar a devolución do depósito constituído.

    Para aboar esta taxa, pode facelo en calquera das seguintes contas:

    BBVA: ES70 0182 0622 4100 0000 0055

    La Caixa: ES37 2100 4936 5822 0000 4470

    Abanca: ES15 2080 5196 2931 1000 0027

    Banco Pastor: ES57 0238 8151 9006 6000 0271

    Banco Sabadell Gallego:ES57 0081 2238 4100 0100 0705

    O texto do xustificante do ingreso da autoliquidación debe incluir a seguinte información:

    Código 33903 + (DNI do solicitante)

Ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras e outros elementos análogos con finalidade lucrativa

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa.

  • Trámites

    A taxa é de pago obrigatorio para as persoas físicas e xurídicas e as entidades que gocen, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular, independentemente de que se obtivera a correspondente licenza ou autorización.

  • Ordenanza

  • Período de pago voluntario

    A taxa pagarase ao inicio do periodo de utilización do terreo público que se produza entre os días 1 de xuño e 30 de setembro de cada exercicio. O importe da taxa  esixirase en réxime de autoliquidación coa solicitude inicial e ou mediante recibo nos períodos posteriores. Esta autoliquidación non permitirá a utilización do espazo púbico, que só poderá levarse a cabo cando se obteña a correspondente licenza ou autorización. Unha vez recaída resolución ou acordo sobre a concesión da licenza ou autorización, practicarase, se procede, a liquidación oportuna, deducindo o importe da autoliquidación realizada e esixindo ou reintegrando no seu caso o suxeito pasivo as diferenzas existentes.

    IR Á LIGAZÓN Autoliquidación da taxa de terrazas

    Para aboar esta taxa, pode facelo en calquera das seguintes contas:

    BBVA: ES70 0182 0622 4100 0000 0055

    La Caixa: ES37 2100 4936 5822 0000 4470

    Abanca: ES15 2080 5196 2931 1000 0027

    Banco Pastor: ES57 0238 8151 9006 6000 0271

    Banco Sabadell Gallego:ES57 0081 2238 4100 0100 0705

    O texto do xustificante do ingreso da autoliquidación debe incluir a seguinte información:

    Código 33500 + (DNI do solicitante)

Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servicio de rede de saneamento e tratamento e depuración de augas residuais

O Concello ten delegado na empresa Viaqua a xestión e cobro desta taxa.

  • Trámites

    O suministro ou distribución de auga, as acometidas á rede, e a conservación e mantemento do contador e da acometida obrigan ao abono desta taxa.

    Para a xestión de alta no suministro, cambio de titularidade do recibo, pago de facturas, ou autolectura do contador, deberá facer os trámites a través da empresa Viaqua.

    Rúa Eduardo Pondal nº 6 bajo (antigua Rúa Cuartel)15350 Cedeira

     

    luns a venres de 9.00h – 11.00 h

     

    Atención ao cliente: 900 201 230 (luns a venres de 8.00h – 21.00 h)

    Incidencias: 900 201 250 (24 horas)

    Pode realizar todos os trámites derivados desta ordenanza a través da páxina web, que pode consultar na seguinte ligazón:

    IR Á LIGAZÓN Trámites para o servizo de auga a través de Viaqua

  • Ordenanza

  • Período de pago voluntario

    O cobro da taxa farase mediante recibos trimestrais, xestionados pola empresa Viaqua.

Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola participación en probas selectivas

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa.

  • Trámites

    Deberán facer efectivo o pago desta taxa os participantes nos procedimientos de selección de persoal como oposicions, concursos ou calesquera probas selectivas de acceso ó Concello de Cedeira ou, no seu caso, organismos autónomos ou sociedades mercantís propiedade do Concello, sexan en como funcionario de carreira ou persoal fixo ou ben para postos interinos ou bolsas de traballo (quedan excluidos os derivados da selección de programas de fomento de emprego e de similar natureza).

  • Ordenanza

  • Período de pago voluntario

    selectivas de personal deberán ir acompañadas do xustificante de ingreso nas entidades colaboradoras correspondentes do importe de la taxa correspondiente.

    Para aboar esta taxa, pode facelo en calquera das seguintes contas:

    BBVA: ES70 0182 0622 4100 0000 0055

    La Caixa: ES37 2100 4936 5822 0000 4470

    Abanca: ES15 2080 5196 2931 1000 0027

    Banco Pastor: ES57 0238 8151 9006 6000 0271

    Banco Sabadell Gallego:ES57 0081 2238 4100 0100 0705

    O texto do xustificante do ingreso da autoliquidación debe incluir a seguinte información:

    Código 32901 + (DNI do solicitante)

Ordenanza reguladora da taxa por tendidos, tubaxes e galerías para a condución de enerxía eléctrica, auga, gas ou calquera outro fluído, incluídos os postes para liñas, cables, palomillas, etc., sobre a vía pública

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa.

  • Trámites

    Deberán aboar esta taxa aqueles que aproveiten especialmente en beneficio particular o dominio público local con tendidos, tubaxes e galerías para as construcións de enerxía eléctrica, auga, gas ou calquera outro fluído incluídos os postes para liñas, cables, palomillas, caixas de amarre, de distribución ou de rexistro, transformadores, rieles, básculas, aparellos para venda automática e outros análogos.

  • Ordenanza

  • Período de pago voluntario

    A alta inicial na matrícula ingresarase no momento da solicitude en concepto de depósito previo. En dita solicitude farase unha declaración detallada das instalacións para realizar, acompañando os planos correspondentes.

    Unha vez aprobada a solicitude, o tributo recadarase anualmente mediante padrón municipal.

    O abono da matrícula realizarase mediante autoliquidación, e dito pago pode facerse en calquera das seguintes contas:

    BBVA: ES70 0182 0622 4100 0000 0055

    La Caixa: ES37 2100 4936 5822 0000 4470

    Abanca: ES15 2080 5196 2931 1000 0027

    Banco Pastor: ES57 0238 8151 9006 6000 0271

    Banco Sabadell Gallego:ES57 0081 2238 4100 0100 0705

    O texto do xustificante do ingreso da autoliquidación debe incluir a seguinte información:

    Código 33200 + (DNI do solicitante)

Ordenanza reguladora do prezo público por actividades culturais e deportivas

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa.

  • Trámites

    A taxa é de pago obrigatorio para as persoas usuarias (ou a súa representación legal ou quen ostente a condición de gardador) das actividades culturais e deportivas obxecto da presente ordenanza (Curso de piragüismo, rotas de sendeirismo e similares, e outras actividades, por día).

  • Ordenanza

  • Período de pago voluntario

    Deberase realizar depósito previo do importe da actividade (nas entidades bancarias que sinale o Concello) sempre antes de iniciar a actividade. Únicamente procederá a devolución do importe aboado, a solicitude do interesado, cando por causas non imputables ao obligado ao pagamento, non se preste o servizo ou se realice a actividade.

Ordenanza reguladora do prezo público dos usuarios do servizo de axuda no fogar do Concello de Cedeira

O Concello de Cedeira é o encargado da xestión e cobro desta taxa.

  • Trámites

    Están obrigados ó pagamento do prezo publico regulado mediante a presente Ordenanza as persoas usuarias do servizo de axuda no fogar do Concello de Cedeira. Considerase persoa usuaria aquela para a cal se solicita o servizo. Se o/a beneficiario/a carecera da capacidade de obrar, dita obriga recaerá sobre quen ostente a súa representación legal ou ostente a condición de gardador.

  • Ordenanza

  • Período de pago voluntario

    As liquidacións de prezos practicaranse mediante recibo das horas asignadas, por meses naturais vencidos, pagándose cada un nos 10 primeiros días naturais do mes seguinte o da prestación do servizo, e en función das horas asignadas ó usuario. En caso de axuste en función das horas previstas e as reais prestadas, o importe regularizarase o mes seguinte.

Ordenanza reguladora do prezo público polo servizo público da escola infantil municipal

A Xunta de Galicia é o encargado da xestión e cobro desta taxa, por tratarse dun centro pertencente a Rede de Escolas Infantís “Galiña Azul”.

Pode consultar toda a información ao respecto na seguinte ligazón

IR Á LIGAZÓN Escola Infantil de Cedeira da rede “Galiña Azul”

Ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos

  • Trámites

    O pago desta taxa é obrigatorio da tramitación, a instancia   de parte, dos documentos que se sinalan no artigo sétimo da ordenanza (Por cada certificación a través do punto de información catastral, por expedición de copias do catastro histórico, por cada copia, por autorizacións para a tenza de animais potencialmente perigosos. (Por cada animal), e pola expedición de copias de atestados da Policía Local).

  • Ordenanza

  • Período de pago voluntario

    O importe da taxa regulada na presente Ordenanza, esixirase en réxime de autoliquidación, debendo presentarse simultaneamente coa oportuna solicitude.

    O ingreso realizarase, mediante autoliquidación, con anterioridade á presentación da solicitude, pois deberá presentarse simultaneamente coa oportuna solicitude.

    Para aboar esta taxa, pode facelo en calquera das seguintes contas:

    BBVA: ES70 0182 0622 4100 0000 0055

    La Caixa: ES37 2100 4936 5822 0000 4470

    Abanca: ES15 2080 5196 2931 1000 0027

    Banco Pastor: ES57 0238 8151 9006 6000 0271

    Banco Sabadell Gallego:ES57 0081 2238 4100 0100 0705

    O texto do xustificante do ingreso da autoliquidación debe incluir a seguinte información:

    Expedición documentos + (DNI do solicitante)