O Concello de Cedeira leva a cabo un control da pomba común, polo risco que poden supoñer para a saúde e seguridade das persoas, así como continuas molestias que poden causar para os veciños afectados.

Logo de ter realizado os pertinentes estudos que deron como resultado a existencia dunha poboación de pombas a todas luces excesiva dada a poboación da vila e a dimensión do seu casco urbán, dende o Concello determinouse a adopción dun Plan de actuación consistente na instalación de xaulas trampa (sen morte) no centro urbán da Vila.

Semanalmente, estas xaulas serán revisadas para para o traslado dos animais a un núcleo zoolóxico en vehículos habilitados, onde as pombas serán sometidas a un periodo de corentena.

Logo deste periodo (no caso de animais enfermos ou lisiados) ou directamente ao recepcionarse (no caso de pombas sas), os exemplares será liberados en lugares determinados pola Consellería de Medio Ambiente.

Para a instalación das xaulas, requerirase a colaboración dos veciños tanto para o acceso inicial aos inmobles coa finalidade de colocar as xaulas, como para a posterior retirada das pombas capturadas.