De xeito xeral, requírese licenza de edificación para os seguintes actos de uso do solo e do subsolo:
- Os actos de edificación e uso do solo e do subsolo que, consonte a normativa xeral da edificación, precisen proxecto de obras da edificación.
- As intervencións en inmobles declarados bens de interese cultural ou catalogados polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos.
- As demolicións, agás as derivadas de resolucións de expedientes de restauración da legalidade urbanística.
- Os muros de contención de terras, segundo se estableza regulamentariamente.
- Os grandes movementos de terras e as explanacións.
- As parcelamentos, segregacións ou outros actos de división de terreos en calquera clase de solo, cando non formen parte dun proxecto de reparcelación.
- A implantación de calquera instalación de uso residencial, xa sexa provisional ou permanente.
- A corta de masas arbóreas ou de vexetación arbustiva en terreos incorporados a procesos de transformación urbanística e, en todo caso, cando a dita corta derive da lexislación de protección do dominio público.