Para a realización de obras en vivendas e locais que non requiran de solicitude de licenza de edificación, os interesados deben solicitar a comunicación previa de obras.
COMUNICACIÓN PREVIA DE OBRAS
TRÁMITES A REALIZAR
Na parte posterior da solicitude poderá coñecer cal é a documentación que debe achegar dependendo do tipo de obra que se vaia realizar.
Se quere consultar o importe que debe pagar e as contas nas que pode realizar o ingreso, utilice a calculadora á súa disposición.
Rexistro xeral municipal
Casa do Concello, Rúa Real nº15
De luns a venres: de 9.00 a 14.00 h
981 480000 (extensión 6)
Logo do rexistro a documentación requerida, en sen perxuizo de posteriores comunicacións por parte do Concello, o solicitante pode iniciar as obras comunicadas ao Concello nas condicións explicitadas na solicitude.