PROXECTO “DEFINICIÓN, DESEÑO E IMPLEMENTACIÓN DE RUTAS TEMATIZADAS PARA A PROMOCIÓN DO PATRIMONIO MARIÑEIRO NO CONCELLO DE CEDEIRA. CEDEIRA MARIÑEIRA”
O proxecto “DEFINICIÓN, DESEÑO E IMPLEMENTACIÓN DE RUTAS TEMATIZADAS PARA A PROMOCIÓN DO PATRIMONIO MARIÑEIRO NO CONCELLO DE CEDEIRA. CEDEIRA MARIÑEIRA” está impulsado polo Concello de Cedeira, para promover a oferta de actividades que poñan en valor o medio ambiente e o patrimonio ligado ao mar, incrementando a conciencia sobre a preservación da contorna natural e patrimonial, así como o recoñecemento dos oficios do mar e a calidade diferencial dos produtos pesqueiros e marisqueiros no territorio.
CEDEIRA MARIÑEIRA está a realizarse grazas ás axudas que a Unión Europea ofrece, no marco do Fondo Europeo e Marítimo de Pesca (FEMP), para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), e que a Consellería do Mar aprobou para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP).
- Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 44.528,00 €
- Coste subvencionable do proxecto (inversión pública + inversión privada): 44.528,00 €
- Total axuda pública aprobada (€): 44.528,00 €
- % Subvención: 100
Obxectivo xeral:
Promover a oferta de experiencias e actividades que poña en valor o medio ambiente e o patrimonio ligado ao mar (patrimonio material, arquitectónico, natural e patrimonio inmaterial), que incremente a conciencia da necesidade da preservación da contorna natural e patrimonial, así como o recoñecemento dos oficios do mar e a calidade diferencial dos produtos pesqueiros e marisqueiros no territorio de A Mariña – Ortegal.
Obxectivos específicos:
- Poñer en valor o patrimonio natural, arquitectónico e inmaterial o vinculado ao mar, os oficios, os produtos pesqueiros e marisqueiros locais de A Mariña – Ortegal.
- Consolidar o recoñecemento dos produtos pesqueiros e marisqueiros como sinal de identidade, así como do sector pesqueiro e o seu modelo de extracción sustentable, reforzando a súa a súa calidade diferencial
- Fomentar a oferta de experiencias públicas e privadas (relacionadas co medio ambiente e o patrimonio mariño, así como os oficios do mar e os produtos pesqueiros e marisqueiros), procurando a desestacionalización turística e o incremento dos días de estancia media.
Para acadar estes obxectivos, levaranse a cabo as seguintes actuacións, ao longo de 2021 e 2022: