Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

EDAR E SANEAMENTO MEDIOAMBIENTAL

Avanzando na rede separativa

Unha rede separativa é aquela que consta de dúas canalizacións independentes: unha delas transporta as augas residuais de orixe doméstica, comercial ou industrial ata a estación depuradora; e a outra conduce as augas pluviais ata o medio receptor ou ata un posible sistema de tratamento previo á súa vertedura.

Desde o Concello de Cedeira estase a traballar para avanzar paulatinamente na substitución da rede unitaria por redes separativas y deste xeito previr os problemas que o exceso de caudal provoca no funcionamento da EDAR.

As obras de mellora de saneamento mediante redes separativas que teñen prevista a súa execución durante 2018 son as seguintes:

  • Zona rural, na Parroquia de San Román, os lugares de Casal de María e Vila do Río. Na seguinte ligazón pódese consultar toda a información ao respecto:

IR Á LIGAZÓN Saneamento Casal de María e Vila do Río

  • Casco urbano, nas rúas Paz, Silva e Floreal. Na seguinte ligazón pódese consultar toda a información ao respecto:

IR Á LIGAZÓN Saneamento rúas Paz, Silva e Floreal

Saneamento na zona rural

Cedeira, como outros moitos concellos, ten numerosos núcleos de pequeno tamaño, illados e dispersos. Isto pode dificultar a construción, mantemento e explotación dos sistemas de depuración. No municipio dispomos de varias instalacións EDAR, deseñadas para augas residuais domésticas e grupos reducidos de vivendas. Este tipo de instalacións deben salvar frecuentes problemas como a variabilidade de caudal e carga contaminante. Estas variacións prodúcense, por unha parte, como resultado dun maior uso en certas faixas horarias e, por outra, a consecuencia do aumento da poboación en época estival. Frecuentemente orixínanse volumes pequenos de augas fecais pero moi contaminadas. Noutros casos, as análises de control evidencian que houbo unha vertedura que supera os límites autorizados.

Entre os plans de obra está prevista a realización dunha depuradora no lugar das Pontigas por un sistema de fitodepuración en balsa húmida (con vexetación).

Este tipo de depuradora é pioneira no municipio e presenta moitas vantaxes para pequenos núcleos. Trátase dun sistema de saneamento autónomo, sen consumo de enerxía e cun mantemento moi reducido que, ademais, ten moi boa integración na contorna, pois permite a creación e restauración de zonas húmidas con elevado valor ambiental. Na seguinte ligazón, pódese consultar toda a información sobre o saneamento das Pontigas:

IR Á LIGAZÓN Saneamento As Pontigas

Mellorar o saneamento, un labor de todas e todos

O Concello de Cedeira lembra que estas instalacións están deseñadas exclusivamente para augas residuais domésticas ou asimilables a domésticas e que calquera vertedura que non se corresponda con estas características ou que supere os límites máximos admisibles poderá ser sancionada.

Podemos contribuír á redución dos problemas de depuración con algunhas sinxelas prácticas.

1- Aforrar auga. No seguinte PDF pódese acceder a información complementaria sobre o aforro de auga:


VER PDF 10 razóns para aforrar auga

2- Utilizar xabóns e deterxentes biodegradables, con baixo contido en fosfatos

3- Non utilizar trituradores de lixo que desbote residuos orgánicos polo vertedoiro.

4- Non utilizar equipos domésticos de redución de cal e outras sales que produzan un incremento na concentración de sales.

5- Evitar utilizar o retrete e outros desaugadoiros como vertedoiro do lixo. Xéranse importantes problemas ao botar produtos como:

-Graxas alimentarias, aceites vexetais usados ou restos de alimentos. No seguinte PDF pódese consultar información complementaria sobre como reciclar aceite usado:


VER PDF Como reciclar o aceite usado

– Produtos farmacéuticos e cosméticos, pinturas e disolventes, lixivia, amoníaco, pesticidas ou insecticidas.

-Toalliñas húmidas, bastonetes e outros téxtiles. No seguinte arquivo pódese consultar a información da campaña “Bastonetes ao cubo”


VER PDF Bastonetes ao cubo!