Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

SERVIZOS

O Cedeira impulsa a súa política medioambiental coa contratación de sete persoas: un técnico e seis peóns

O CEDEIRA IMPULSA A SÚA POLÍTICA MEDIOAMBIENTAL COA CONTRATACIÓN DE SETE PERSOAS: UN TÉCNICO E SEIS PEÓNS

O Concello de Cedeira dalle pulo á promoción e defensa do patrimonio natural e criterios medioambientais dentro da política municipal coa contratación dun total de sete persoas. Así, o executivo local pasará a dispoñer dun técnico en dita materia que lle asesorá tanto á hora de recuperar espazos naturais como á de deseñar programas de información
e sensibilización ambiental, ademais de realizar tarefas de coordinación de actuaciones con outros organismos e de dar aopio no desenvolvemento de plans de mantemento. Este cadro de persoal completarase con seis peóns, que se encargarán de levar a cabo tarefas de conservación e mantemento de espazos públicos.

Trátase de contratacións temporais, do mes de xuño ao de setembro, que se financiará a través
do Fondo de Compensación Medioambiental (FCA).

O orzamento para este ano do Fondo Medioambiental ascende a 87.753,54 euros. Con cargo a esta cantidade tamén se prevé a ampliación do número de cobrecontedores, por importe de 8.097,32 euros. Esta medida consiste na instalación de estruturas de madeira para deixar fóra da vista os colectores do servizo de recollida de lixo.
O Concello de Cedeira tamén destina outra partida económica do Fondo de Compensación Medioambiental, cuxo importe é de 36.283,06 euros, a darlle continuidade ao programa de aforro enerxético -o que se vai a traducir na substitución das actuais luminarias da praza de Galicia por outras de tecnoloxía led- e ao plan municipal para darlle unha maior visibilidade aos peóns. Neste último caso, trátase de iluminar os pasos de peóns coa finalidade de que os automobilistas poidan percibir a presenza de persoas sobre a calzada. As actuacións incluídas na presente anualidade do FCA se levarán a cabo nas avenidas Zumalacárregui e da Area e na rúa Cuartel.

Portos inicia a obra do talude do acceso ao porto pesqueiro

PORTOS INICIA A OBRA DO TALUDE DO ACCESO AO PORTO PESQUEIRO

Unha máquina de grandes dimensións traballa no ladeira.

Portos iniciou as obras de reforzo do talude situado no acceso ao porto de Cedeira, que veu abaixo en marzo como consecuencia dos temporais. Unha máquina de grandes dimensións -o transporte especial obrigou a prohibir o aparcadoiro na rúa Ponche Nova- traballaba onte na ladeira. A obra custará uns 60.000 euros.

Fonte: La Voz de Galicia

Pode consultar a nova na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Portos inicia a obra do talude do acceso ao porto pesqueiro

O Concello investe case 100.000 euros de fondos propios en mellorar os pavimentos de camiños, avenidas e rúas

O CONCELLO INVESTE CASE 100.000 EUROS DE FONDOS PROPIOS EN MELLORAR
OS PAVIMENTOS DE CAMIÑOS, AVENIDAS E RÚAS

Un total de sete intervencións en outras tantas vías de comunicación son as que deron comezo hai uns días en Cedeira e que estarán rematadas nun prazo de oito semanas.

Son un conxunto de proxectos contratados polo Concello por 98.570,06 euros -o prezo de licitación era de 118.544.87 euros- e que serán executados pola empresa Lancer Proyectos y Obras SA. Serán máis de 4.700 metros cadrados, no seu conxunto, de novo firme en camiños, avenidas e rúas de titularidade municipal. O Concello asume a totalidade do investimento.

Os camiños nos que se levarán a cabo melloras son o de Corbeiro, Crónicas e Lamelas. No primeiro a actuación consistirá na extensión dunha capa de macádam de 15 centímetros, na aplicación dun tratamento semiprofundo e nun rego superficial e outro de selado en toda a superficie. No camiño vinculado ao chamado barrio de Crónicas o proxecto dará lugar á canalización dun novo tramo de pluviais, ao fresado do firme en 10 centímetros e a unha nova capa de mestura bituminosa en quente de 5 centímetros de espesor. En canto ao camiño de Lamelas, que ten unha
lonxitude de 160 metros, o proxecto a realizar afectará a ámbolos marxes da vía e ten como obxectivo acondicionar dous espazos próximos ás vivendas. Realizaranse gabias e instalaranse tamén pasos para salvalas.

As avenidas de España e a de Gaias de Area tamén verán melloradas as súas condicións actuais, no que a seu pavimento se refire, con actuacións que entre as dúas sumarán máis de 2.400 metros cadrados de novos traxectos asfaltados. Así, na avenida de España a intervención levarase a cabo no tramo comprendido entre a intersección coa rúa Pontes de García Rodríguez e o final da estrada e a obra consistirá no fresado do pavimento e nun rego con emulsión asfáltica sobre unha superficie de 630 m2 . No caso de Gaias de Area, a obra dará lugar á eliminación do antigo pavimento, ata un grosor de cinco centímetros, e na instalación dunha capa de mestura bituminosa
en quente sobre unha superficie de 1.800 metros cadrados. O tramo obxecto desta intervención é o que se atopa entre a avenida Mañón e a conexión coa estrada DP-2204.

A rúa Regueiro tamén se beneficiará deste investimento municipal coa execución dun proxecto para emilinar as acumulacións de auga que se están a localizar en dous tramos desta calzada. O problema desaparecerá coa modificación da rasante na intersección coa rúa Salinas e coa a instalación dun sumidoiro á altura do cruce co paseo da Madalena.

Tamén no entorno do paseo marítimo, máis concretamente no camiño de acceso ao porto local, o Concello contempla a reposición dos camiños de aglomerado existentes na zona axardinada e que permiten o paseo peonil a carón do mar. Esta última intervención será a base de rego de imprimación máis capa de aglomerado de cinco centímetros. En todas as intervencións previstas tamén se contempla a adaptación das tapas dos rexistros ás novas rasantes das infraestruturas xa tratadas.