Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Cedeira impulsa a súa política medioambiental coa contratación de sete persoas: un técnico e seis peóns

O CEDEIRA IMPULSA A SÚA POLÍTICA MEDIOAMBIENTAL COA CONTRATACIÓN DE SETE PERSOAS: UN TÉCNICO E SEIS PEÓNS

O Concello de Cedeira dalle pulo á promoción e defensa do patrimonio natural e criterios medioambientais dentro da política municipal coa contratación dun total de sete persoas. Así, o executivo local pasará a dispoñer dun técnico en dita materia que lle asesorá tanto á hora de recuperar espazos naturais como á de deseñar programas de información
e sensibilización ambiental, ademais de realizar tarefas de coordinación de actuaciones con outros organismos e de dar aopio no desenvolvemento de plans de mantemento. Este cadro de persoal completarase con seis peóns, que se encargarán de levar a cabo tarefas de conservación e mantemento de espazos públicos.

Trátase de contratacións temporais, do mes de xuño ao de setembro, que se financiará a través
do Fondo de Compensación Medioambiental (FCA).

O orzamento para este ano do Fondo Medioambiental ascende a 87.753,54 euros. Con cargo a esta cantidade tamén se prevé a ampliación do número de cobrecontedores, por importe de 8.097,32 euros. Esta medida consiste na instalación de estruturas de madeira para deixar fóra da vista os colectores do servizo de recollida de lixo.
O Concello de Cedeira tamén destina outra partida económica do Fondo de Compensación Medioambiental, cuxo importe é de 36.283,06 euros, a darlle continuidade ao programa de aforro enerxético -o que se vai a traducir na substitución das actuais luminarias da praza de Galicia por outras de tecnoloxía led- e ao plan municipal para darlle unha maior visibilidade aos peóns. Neste último caso, trátase de iluminar os pasos de peóns coa finalidade de que os automobilistas poidan percibir a presenza de persoas sobre a calzada. As actuacións incluídas na presente anualidade do FCA se levarán a cabo nas avenidas Zumalacárregui e da Area e na rúa Cuartel.