Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

SERVIZOS

DESDE LLEGA700 INFÓRMANNOS QUE NOS PRÓXIMOS DÍAS VAI TER LUGAR A ACTIVACIÓN DA REDE MÓBIL DE NOVA XERACIÓN NO SEU MUNICIPIO

Desde a empresa llega700 poñémonos en contacto con vostedes para informarlles de que o servizo móbil de nova xeración 4G e 5G sobre as bandas de frecuencia de 700 e 800 MHz dos principais operadores móbiles atoparase dispoñible na súa localidade proximamente. En novas comunicacións, informarémoslles do inicio deste servizo.

A tecnoloxía prestada sobre estas bandas de frecuencia, anteriormente utilizada pola Televisión Dixital Terrestre (TDT), permite ofrecer unha mellor cobertura en interiores e a maior extensión de cobertura posible.

Estas redes chegan para mellorar a velocidade de conexión a internet, servizos de televisión, vídeo e música baixo demanda, así como decenas de novos servizos que verán a luz nos próximos anos para aproveitar o gran potencial da tecnoloxía.

A prestación dos servizos móbiles nestas bandas de frecuencia pode conlevar a aparición de determinadas afectacións na recepción do sinal de TDT dos usuarios da súa localidade, debido a que se utilizaban anteriormente para o servizo de televisión.

Para liquidar as devanditas afectacións, en caso de chegar a producirse, os operadores móbiles han confiado na nosa empresa, chega700, para resolver calquera tipo de afectación que poida producirse a calquera usuario de TDT e en calquera punto do territorio nacional que se vexa afectado por este motivo.

Con tal fin, habilitamos un teléfono de atención gratuíto ao que poden recorrer todos os usuarios que necesiten solicitar a actuación nas súas instalacións para a solución das afectacións e, deste xeito, que poida restablecerse o servizo TDT con total normalidade.

Para estes efectos, informámoslles que o número de atención gratuíto para os cidadáns é o seguinte: 900 833 999

E a páxina web con toda a información respecto diso é: www.llega700.es

Unha vez iniciada a prestación do servizo mencionado, nese número de teléfono atenderase calquera solicitude de solución de afectación que presenten os seus veciños.

Tras a notificación da afectación por parte dos seus veciños, un técnico cualificado desprazarase onde se detectou a afectación e procederá a realizar os labores de acondicionamento necesarias para liquidala. Todo iso sen custo algún para eles.

O CONCELLO INVESTIU MÁIS DE 16.000€ NAS OBRAS DE AMPLIACIÓN DA BEIRARRÚA DE EDUARDO PONDAL

O Concello de Cedeira rematou unhas obras de ampliación da beirarrúa de Eduardo Pondal, un vial da zona urbana que conecta a Avenida Area coa rúa María Auxiliadora, no que o ancho do espazo peonil era escaso e presentaba un acusado deterioro. A actuación, que segundo informou o alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, conlevou un investimento de 16.042€ (IVE incluído), permitiu anchear ata 1.50 metros a beirarrúa para cumprir os requisitos de accesibilidade, ao tempo que se unificou a súa imaxe coa das outras beirarrúas zona aplicando un pavimento que imita a pedra natural.

As obras incluíron o levantamento da anterior beirarrúa e a colocación da nova, coa instalación do correspondente sistema de recollida de augas pluviais. Na rúa, que ten algo máis de 50 metros de percorrido, pintáronse ademais dous pasos de peóns.

Desde o Concello sinalan que as obras forman parte do continuo proceso de mellora e posta ao día das infraestruturas municipais, neste caso coa adecuación dunha rúa que ten bastante tránsito e que acada, desta forma, unhas condicións de accesibilidade que cumplen coa normativa actual nesta materia. Moreda Gil destacou que é unha rúa próxima ao Centro de Saúde e que, por esa razón, era especialmente importante dotala do espacio necesario para as persoas que van con doentes ou que teñen problemas de mobilidade.

O CONCELLO LICITA, CUN ORZAMENTO DE MÁIS DE 84.000€, A RENOVACIÓN DO ALUMEADO PÚBLICO DA AVENIDA AREA

O goberno local de Cedeira publicou na Plataforma de Contratación do Sector Público a licitación do proxecto de “Renovación do alumeado público na avenida Area e na avenida Castelao”, unha actuación que conta cun orzamento de 84.666,12€ e que incluirá a subministración e instalación de 35 novos farois con tecnoloxía LED. “Trátase dunha rúa con bastante circulación, de vehículos e de persoas, na que unha mellor iluminación vai redundar en máis seguridade vial e cidadá, favorecendo o comercio e a actividade en xeral”, comentou o alcalde, Pablo Diego Moreda Gil.

O proxecto que sae a licitación, e para o que as empresas interesadas poden presentar oferta ata o día 22 de novembro, abrangue a subministración e instalación de 35 luminarias LED, dúas delas na Avenida Castelao e o resto na Avenida Area. O contrato inclue a colocación dos novos farois sobre columnas de oito metros de alto, as canalizacións subterráneas, a posta a terra e as arquetas de paso, así como a retirada das luminarias actuais.

No proxecto, que se vai acometer con financiamento da Deputación da Coruña no marco da segunda fase do POS+Adicional 2022, destaca o cambio que van representar as novas bombillas LED en canto á eliminación da contaminación lumínica, garantindo un fluxo de luz acaído para as necesidades de cada zona, beirarrúa ou calzada, xunto co aforro económico. As luces tipo LED precisan menos da metade da potencia eléctrica que as bombillas tradicionais, de vapor de sodio, para producir a mesma iluminación. Neste sentido, o alcalde reiterou o compromiso do Concello coa mellora da eficiencia enerxética e apuntou que a suba do prezo da electricidade non está a impactar nas contas municipais “precisamente polo importante proceso de renovación da rede de iluminación pública que se levou adiante nos últimos anos”.

Xa no ano 2020 o Concello procedera a renovar o resto da iluminación da Avenida Castelao, cun investimento de máis de 47.000€ para o cambio de 97 puntos de luz. Agora, este novo proxecto permitirá rematar a modernización desta vía, coa substitución das dúas únicas farolas antigas que quedaban neste vial, precisamente na rotonda da que parte a avenida da Area, na que se instalarán os restantes LEDs desta actuación. Nos últimos anos, o Concello de Cedeira renovou máis de 2.000 puntos de luz do casco urbano coa nova tecnoloxía.