Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

SERVICIOS SOCIAIS

Concurso de pintura mural / graffiti “quen dixo medo?” 2017 

CONCURSO DE PINTURA MURAL / GRAFFITI ‘QUEN DIXO MEDO?’ 2017

No marco da Campaña de sensibilización contra a violencia de xénero “QUEN DIXO MEDO?” impulsada pola Deputación da Coruña, con motivo da conmemoración do 25 de Novembro , “Día Internacional para a eliminación da violencia machista ”,convócase o CONCURSO DE PINTURA MURAL / GRAFFITI ‘QUEN DIXO MEDO?’ para persoas de 16 anos en diante e dos concellos da provincia participantes na campaña ,entre eles o CONCELLO DE CEDEIRA.

Para máis información, pode consultar as bases do concurso, e descargar o consentimento para a participación das persoas de 16 anos e a aceptación das normas do concurso, na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Bases do concurso de pintura mural / graffiti “quen dixo medo?”

 

Concurso de guións contra a violencia de xénero

CONCURSO DE GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende a Deputación Provincial da Coruña quérese a través de esta convocatoria, xerar reflexión e conciencia na mocidade fomentando a súa participación nunha actividade creativa de sensibilización, a través da edición dun guión, dedicado a concienciar a poboación, en xeral, dos motivos polos que debemos xuntar os nosos esforzos para combater a violencia de xénero.

Pode consultar as bases deste concurso no apartado de concursos da web municipal (IR Á LIGAZÓN Concursos culturais e deportivos) ou na web da Deputación da Coruña (IR Á LIGAZÓN Premios e concursos da Deputación da Coruña).

O Concello organiza un curso de informática dirixido aos maiores

O CONCELLO ORGANIZA UN CURSO DE INFORMÁTICA DIRIXIDO AOS MAIORES

O concello de Cedeira, a través da concellería de Cultura, organizada un curso de informática, nivel básico, para maiores. As persoas que poidan estar interesadas deben inscribirse nas dependencias de Servizos Sociais (981 492 179). O programa formativo terá unha duración de 30 horas. Serán clases de dúas horas e o máximo previsto por grupo é de 15 participantes.

Aprender a manexar un ordenador, a facer documentos de oficinas, a crear os perfil nas redes sociais ou a navegar por internet son só algúns dos contidos incluídos nunha iniciativa coa que se pretende normalizar o uso das novas ferramentas informáticas entre o colectivo da Terceira Idade de Cedeira. A aula multiusos, localizada na primeira planta do pavillón polideportivo, acollerá o desenvolvemento da actividade, que tamén podería chegar ás parroquias no caso de acadar reunir máis de 10 persoas interesadas.