Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello organiza un curso de informática dirixido aos maiores

O CONCELLO ORGANIZA UN CURSO DE INFORMÁTICA DIRIXIDO AOS MAIORES

O concello de Cedeira, a través da concellería de Cultura, organizada un curso de informática, nivel básico, para maiores. As persoas que poidan estar interesadas deben inscribirse nas dependencias de Servizos Sociais (981 492 179). O programa formativo terá unha duración de 30 horas. Serán clases de dúas horas e o máximo previsto por grupo é de 15 participantes.

Aprender a manexar un ordenador, a facer documentos de oficinas, a crear os perfil nas redes sociais ou a navegar por internet son só algúns dos contidos incluídos nunha iniciativa coa que se pretende normalizar o uso das novas ferramentas informáticas entre o colectivo da Terceira Idade de Cedeira. A aula multiusos, localizada na primeira planta do pavillón polideportivo, acollerá o desenvolvemento da actividade, que tamén podería chegar ás parroquias no caso de acadar reunir máis de 10 persoas interesadas.