Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

SERVICIOS SOCIAIS

Aberto o prazo para solicitar as “Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de Vivenda 2018-2021”

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS “AXUDAS AO ALUGAMENTO DE VIVENDA DO PLAN ESTATAL DE VIVENDA 2018-2021”

Prazo para presentación de solicitudes 30/07/2018

VER PDF Bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual.

VER PDF Bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual (axudas ao alugamento de vivenda).

VER PDF Bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual (axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente).

Solicitude de participación no programa de turismo do IMSERSO 2018-2019

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DE TURISMO DO IMSERSO 2018-2019

O Instituto de Maiores e Servizos Sociais ( Imserso) quere contribuír ao benestar das Persoas Maiores e, para iso, organiza distintos tipos de viaxes con obxecto de que poidan gozar dunhas merecidas vacacións, podendo optar ás seguintes modalidades:

1. Estancias en zonas costeiras peninsulares e insulares, para descanso e relax.

2. Turismo de interior para realizar circuítos culturais, turismo de natureza, viaxes a cidades de interese artístico e cultural.

Descarga da solicitude e información programa de turismo do imserso 2018-2019

Xornada sobre protección da infancia fronte ao maltrato e o abuso sexual

XORNADA SOBRE PROTECCIÓN DA INFANCIA FRONTE AO MALTRATO E O ABUSO SEXUAL

A Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Ortigueira a través do Centro de Información á Muller organiza unha Xornada sobre protección da infancia fronte ao maltrato e o abuso sexual dirixida ás familias e aos profesionais dos servizos sociais, profesionais educativos e da saúde. Colabora a Xunta de Galicia

O obxectivo da xornada é visibilizar a problemática existente, moi soterrada todavía e máis no rural, e acadar unha actuación eficaz facilitando o coñecemento das ferramentas de deteción e os recursos.

Data: 30 de maio de 2018
Lugar de celebración: Centro de Participación Social de San Roque. Ortigueira

Inscricións ata o luns 28 de maio. PRAZAS LIMITADAS

Descarga o formulario de inscrición

Descarga do programa

Máis información: CIM: 981 40 25 42