Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

PARTICIPACION

PROXECTO “VALORIZACIÓN DA ACTIVIDADE PESQUEIRA E MARISQUEIRA E DOS SEUS ESPAZOS EXTRACTIVOS NO LITORAL DE CEDEIRA. CEDEIRA MAR”

O proxecto “VALORIZACIÓN DA ACTIVIDADE PESQUEIRA E MARISQUEIRA E DOS SEUS ESPAZOS EXTRACTIVOS NO LITORAL DE CEDEIRA. CEDEIRA MAR (GALP1-204) está impulsado polo Concello de Cedeira, para valorizar o labor marisqueiro e dignificar os oficios mariñeiros a través de accións de sensibilización.

CEDEIRA MAR está a realizarse grazas ás axudas que a Unión Europea ofrece, no marco do Fondo Europeo e Marítimo de Pesca (FEMP), para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), e que a Consellería do Mar aprobou para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP).

  • Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 81.009,50 €
  • Coste subvencionable do proxecto (inversión pública + inversión privada): 79.396,16 €
  • Total axuda pública aprobada (€): 79.396,16 €
  • % Subvención: 100

Obxectivo xeral:

Valorización do labor marisqueiro e dignificación do seu oficio, mediante a execución de diversas accións de sensibilización dirixidas a escolares e público en xeral.

Obxectivos específicos:

Realizar accións de sensibilización dirixidas a diferentes públicos (alumnado, público adulto) e visibilizar a actividade extractiva no municipio mediante dispositivos informativos sobre os produtos mariños (percebe, coquina, longueirón, ameixa, berberecho, ostra rizada…), os sistemas de extracción artesanal e a biodiversidade no litoral.

Para acadar estes obxectivos, levaranse a cabo as seguintes actuacións, ao longo de 2021 e 2022:

PROXECTO “DEFINICIÓN, DESEÑO E IMPLEMENTACIÓN DE RUTAS TEMATIZADAS PARA A PROMOCIÓN DO PATRIMONIO MARIÑEIRO NO CONCELLO DE CEDEIRA. CEDEIRA MARIÑEIRA”

O proxecto “DEFINICIÓN, DESEÑO E IMPLEMENTACIÓN DE RUTAS TEMATIZADAS PARA A PROMOCIÓN DO PATRIMONIO MARIÑEIRO NO CONCELLO DE CEDEIRA. CEDEIRA MARIÑEIRA está impulsado polo Concello de Cedeira, para promover a oferta de actividades que poñan en valor o medio ambiente e o patrimonio ligado ao mar, incrementando a conciencia sobre a preservación da contorna natural e patrimonial, así como o recoñecemento dos oficios do mar e a calidade diferencial dos produtos pesqueiros e marisqueiros no territorio.

CEDEIRA MARIÑEIRA está a realizarse grazas ás axudas que a Unión Europea ofrece, no marco do Fondo Europeo e Marítimo de Pesca (FEMP), para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), e que a Consellería do Mar aprobou para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP).

  • Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 44.528,00 €
  • Coste subvencionable do proxecto (inversión pública + inversión privada): 44.528,00 €
  • Total axuda pública aprobada (€): 44.528,00 €
  • % Subvención: 100

Obxectivo xeral:

Promover a oferta de experiencias e actividades que poña en valor o medio ambiente e o patrimonio ligado ao mar (patrimonio material, arquitectónico, natural e patrimonio inmaterial), que incremente a conciencia da necesidade da preservación da contorna natural e patrimonial, así como o recoñecemento dos oficios do mar e a calidade diferencial dos produtos pesqueiros e marisqueiros no territorio de A Mariña – Ortegal.

Obxectivos específicos:

  • Poñer en valor o patrimonio natural, arquitectónico e inmaterial o vinculado ao mar, os oficios, os produtos pesqueiros e marisqueiros locais de A Mariña – Ortegal.
  • Consolidar o recoñecemento dos produtos pesqueiros e marisqueiros como sinal de identidade, así como do sector pesqueiro e o seu modelo de extracción sustentable, reforzando a súa a súa calidade diferencial
  • Fomentar a oferta de experiencias públicas e privadas (relacionadas co medio ambiente e o patrimonio mariño, así como os oficios do mar e os produtos pesqueiros e marisqueiros), procurando a desestacionalización turística e o incremento dos días de estancia media.

Para acadar estes obxectivos, levaranse a cabo as seguintes actuacións, ao longo de 2021 e 2022:

CEDEIRA SINALIZA AS COLONIAS DE GATOS PROTEXIDAS PARA PROMOVER UNHA CONVIVENCIA RESPONSABLE

O Concello de Cedeira vai colocar unhas placas permanentes para sinalizar a ubicación das colonias felinas protexidas da localidade, en cumprimento da Lei 4/2017 de Benestar Animal, para sensibilizar a cidadanía e promover unha convivencia responsable. O goberno local toma esta medida coa colaboración da Asociación polo Benestar Animal de Cedeira (ABAC), cuxas voluntarias e voluntarios se ocupan desde o ano 2018 de controlar as colonias de gatos segundo o método CES (Captura, Esterilización e Solta).

Está prevista a colocación dos carteis nos 15 lugares do casco urbano, no porto e nas zonas periféricas nas que están localizadas e controladas colonias felinas. Desde ABAC destacaron a colaboración desinteresada de Leandro Lamas, que cedeu un debuxo seu, conha colorida paisaxe chea de gatos, para o deseño destes sinais. Neles faise constar que a lexislación establece que “está prohibido, baixo sanción, maltratar, molestar, abandonar ou subtraer os gatos”, así como “danar os refuxios, as comedeiras e os bebedoiros, e tamén alimentalos sen autorización”.

ABAC destacou que esta acción quere concienciar a veciñanza sobre a importancia de convivir de xeito responsable e que está prohibido, por lei, desplazar as colonias de lugar. A entidade leva anos controlando e atendendo os gatos de rueiro, coa acreditación do Concello, de maneira que se garante a vixilancia da situación sanitaria e se evita a proliferación descontrolada de felinos.

A concelleira de Turismo, Participación Cidadá e Xuventude, Carmela Prieto, agradeceu o traballo e dedicación das voluntarias e voluntarios da ABAC e destacou o excelente resultado do control da poboación de gatos. Recordou que o Concello mantén coa entidade un convenio de colaboración para financiar e garantir a continuidade da súa tarefa e sinalou que, de feito, Cedeira está a converterse nunha referencia neste eido, a teor dos positivos comentarios que o goberno local está a recoller de responsables de institucións e administracións da zona.