Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

PARTICIPACION

ANUNCIO APROBACIÓN INICIAL DE ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLOS SERVIZOS DE INMOBILIZACIÓN, RETIRADA, DEPÓSITO E CUSTODIA DE VEHÍCULOS

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o 3 de febreiro de 2022, adoptou acordo de aprobar provisionalmente a ordenanza fiscal reguladora da taxa polos servizos de inmobilización, retirada, depósito e custodia de vehículos.

Sométese o devandito expediente a información pública e audiencia aos interesados, durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, dentro dos cales os interesados poderán examinalo nos Servizos Económicos do Concello e presentar as reclamacións que estimen oportunas.

O acordo de aprobación inicial elevarase a definitivo no caso de que non se produzan reclamacións durante o prazo de exposición pública do expediente, de conformidade co disposto no artigo 17 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

DESCARGA PDF ORDENANZA FISCAL

O DÍA 14 ÁBRESE O PRAZO PARA OFERTAR CURSOS RELACIONADOS COA ÁREA DE CULTURA

Coa finalidade de organizar dende a Concellería de Cultura a oferta formativa durante o primeiro semestre do ano, ábrese prazo no período comprendido entre os día 14 e 21 de xaneiro, ambos inclusive, mediante a publicación do presente anuncio na páxina web municipal, para que as persoas ou entidades interesadas en ofertar cursos relacionados coa área de Cultura a través do Concello ao longo do período febreiro/xuño de 2022 presenten as súas propostas no rexistro xeral do concello ou a través da sede electrónica.

Ditas propostas deberán indicar:

  • Nome do curso:
  • Breve curriculum da persoa que impartirá o curso:
  • Obxectivos: Destrezas que poderá adquirir o alumnado ao longo do curso.
  • Contidos: Temas a tratar.
  • Temporalización: Número de sesións totais e distribución temporal en sesións por semana e número de semanas.
  • Ratio: Nº de persoas por grupo. Nº de grupos aos que se pode atender.
  • Espazo: Descripción do espazo necesario para o desenvolvemento do curso.
  • Material necesario para a participación do curso, indicando se vai ser aportado polo profesorado ou o debe adquirir o alumnado.
  • Orzamento total.
  • Sinatura e dni do interesado.

Haberá un prazo de prematrícula para decidir os cursos que se van impartir no período comprendido entre febreiro e xuño (ambos incluídos)

As persoas que desexen matricularse deberán facelo nas oficinas municipais ou oficina de turismo e pagar as tasas municipais establecidas.

Os casos exentos de pago deberán presentar a documentación oportuna no momento da matrícula.

O Concello fará pública a listaxe de posibles cursos e unha vez realizadas as preinscricións fará públicos os cursos finalmente ofertados.

CARTA DOS REIS MAGOS ÁS NENAS E NENOS DE CEDEIRA

Queridas nenas e queridos nenos de Cedeira:
este ano contabamos con poder pasear polas rúas da vosa vila acompañándoos, mais as medidas sanitarias recoméndannos que non o fagamos, polo que organizamos co persoal do voso concello unha visita para poder vernos.
Acordamos que o día 5 de xaneiro estaremos no Auditorio Municipal de Cedeira desde as catro da tarde para que poidamos compartir un pouco do noso tempo con vós.
Para que nos poidamos ver necesitamos que unha persoa adulta se poña en contacto con nós a través de mensaxe, ben por whatsapp nos números 649876614 ou 673223392, ou por correo electrónico a enrique.vazquez@cedeira.gal ou carmela.prieto@cedeira.gal antes do día 4 de xaneiro, indicando:
– O teu nome
– O teu ano de nacimento
– O número de persoas adultas que virán contigo.
A través dese mesmo número, contestando a vosa mensaxe, poñeranse en contacto con vós o día 4 pola tarde para decirvos a hora na que teredes que vir ao auditorio. Se ides vir varios irmáns podedes poñelo na mesma mensaxe.
Xa acordamos coa organización que irán vindo primeiro as nenas e nenos máis noviños, e se vides varios irmáns xuntos, elexiremos a idade do menor de vós para asignar a hora.
Debemos ser moi puntuais, chegando a hora que nos indiquen, para evitar posibles retrasos que afectarían a todas as nenas e nenos que virían despois de nós, e tamén debemos entender que a hora non se pode cambiar, somos moitas persoas e debemos adaptarnos ao horario que nos indique a organización.
Tomar todas estas precaucións son a maior maneira de amosarvos o noso respecto e o noso cariño.

Estamos desexando vervos o día 5 de xaneiro.