Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

NOVAS

O Ministerio de Transición ecolóxica saca a licitación o proxecto construtivo e o estudo ambiental da praia

O MINISTERIO DE TRANSICIÓN ECOLÓGICA SACA A LICITACIÓN O PROXECTO CONSTRUTIVO E O ESTUDO AMBIENTAL DA PRAIA

O goberno de Cedeira recibiu con gratitude e optimismo a licitación, por parte do Ministerio de Transición Ecológica, do proxecto construtivo e do estudio de avaliación ambiental da praia da Madalena, por considerar que “os seus resultados dirannos a orixe do problema para así tamén poder darlle a solución que demanda”, segundo declarou o alcalde, Pablo Moreda Gil.

O importe do contrato supera os 100.000 euros (91.675 euros + IVE) e a licitación do mesmo correspóndelle á Dirección General de Sostenibilidade de la Costa y del Mar. O prazo de execución é de doce meses e o período para a recepción das ofertas finaliza o día 26 do presente mes de febreiro.

O executivo destaca o importe do investimento e o cumprimento, por parte do Ministerio e da Demarcación de Costas de Galicia, do compromiso que no seu día adquiriron co goberno local de financiar uns informes que son claves para analizar, no seu conxunto, a deterioración que está a afectar á praia.

Unha noticia moi importante, segundo os responsables municipais, para o municipio e mesmo para a Plataforma en Defensa da Ría de Cedeira, para as agrupacións políticas (PSOE, BNG, Anova e Cedeira pola Esquerda) e para os veciños e veciñas que veñen secundando a postura oficial do Concello de “abordar o problema de maneira global e definitiva”. O goberno ten agora para todos eles palabras de agradecemento por apoiar unha política coa que se trata de “garantir unha praia para toda a vida”.

A conservación do areal da Madalena é un asunto prioritario para o goberno cedeirense desde a súa chegada á Alcaldía. A denuncia de actuacións pouco respectuosas co medio ambiente, así como a realización do proxecto construtivo e do estudo de avaliación ambiental, agora en proceso de contratación, forman parte da política levada a cabo a través dun longo proceso de reunións e escritos entre administracións, polo que “hoxe é un bo día para estar contentos e esperanzados”, segundo apuntou o rexedor municipal.

Inicio das clases de zumba

INICIO DAS CLASES DE ZUMBA

O Concello de Cedeira informa do inicio das clases de zumba que, xunto ás de manualidades, pintura, confección de tapices, memoria e ximnasia terapéutica, forman parte do programa de actividades organizado polas concellerías de Cultura e Servizos Sociais para a presente temporada.

As clases, que deron comezo o pasado luns día 4, impartiranse regularmente os luns, mércores e venres na Sala Áncora, a partir das once da mañá.

O ciclo Teatro Familiar ten unha nova cita este sábado, día 9, co espectáculo “Retrete Cabarete”

O CICLO TEATRO FAMILIAR TEN UNHA NOVA CITA ESTE SÁBADO, DÍA 9, CO ESPECTÁCULO “RETRETE CABARETE”

O auditorio municipal de Cedeira acollerá o próximo sábado, día 9, unha nova cita co ciclo Teatro Familiar, unha convocatoria especialmente dirixida aos máis pequenos da casa.

Trátase do espectáculo “Retrete cabarete”, que consiste nunha recopilación de números curtos creados pola compañía El retrete de Dorian Grey, condensado en 50 minutos e sen palabras. A formación parte do teatro de obxectos e da comedia para dar vida a pequenos grandes formatos cheos de inventiva e poesía visual.

A representación dará comezo ás 18.00 horas e nela tomarán parte os actores Ezra Moreno e Marcos Carballido.