Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

NOVAS

Prazos e solicitudes para a autorización das fogueiras de San Xoán e de San Pedro 2019

PRAZOS E SOLICITUDE PARA A AUTORIZACIÓN DAS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO 2019

O prazo para presentar as solicitudes de autorización das fogueiras de San Xoán e San Pedro do ano 2019 empeza o xoves 6 de xuño e remata o día 18 de xuño ás 14:00 horas. O modelo de solicitude cuberto deberá presentarse no Rexistro do Concello de Cedeira.

As persoas solicitantes poderán recoller a pertinente autorización no Concello a partir do xoves 20 de xuño.

O Concello de Cedeira agradece a colaboración de todos os veciños e veciñas para o bo desenvolvemento das festas e o cumprimento das normas de seguridade publicadas no Bando de alcaldía con fecha do 3 de xuño de 2019.

Pode consultar toda a información ao respecto nas seguintes ligazóns:

Descarga PDF Normas para as fogueiras da noite de San Xoán / San Pedro

Descarga PDF Solicitude de permiso para realizar fogueiras de San Xoán / San Pedro

Descarga Bando normas para as fogueiras da noite de San Xoán / San Pedro

Cedeira mellora a calidade das augas das zonas de baño para a temporada 2019

CEDEIRA MELLORA A CALIDADE DAS AUGAS DAS ZONAS DE BAÑO PARA A TEMPORADA 2019

O Concello de Cedeira vén de recibir a notificación da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, sobre a clasificación sanitaria das augas de baño nas praias da Madalena e Arealonga que será vixente para esta temporada. En ámbolos dous casos, a valoración é moi satisfactoria ao mellorar a calificación a BOA no primeiro dos areais e pasando a EXCELENTE o segundo.

A praia de Arealonga, acada este ano 2019 a mellor das clasificacións posibles cun nivel sanitario de `Excelente´ o que representa un importante avance fronte os últimos 3 anos que só obtivo a clasificación de boa.

Máis significativo e o resultado acadado para a praia de A Magdalena. Despois de case 10 anos con clasificacións sanitarias de suficiente, ou incluso insuficiente nas temporadas 2011, 2012 e 2014 os controis analíticos para este ano 2019 reflicten unha mellora na calidade de augas optendo unha clasificación sanitaria final para toda a temporada de `Boa‘.

A clasificación sanitaria é o resultado do último período de avaliación, que recolle os controis analíticos das tres últimas temporadas de baño e a temporada de baño considerada. O sistema de vixiancia sanitaria continúa durante todo o verán mediante a recollida de mostras cunha periocidade aproximadamente quincenal.

Son moitos os factores que inflúen na calidade das augas de baño, pero sen dúbida, os esforzos realizados desde o Concello para mellorar o sistema de sanemento municipal non caen en saco roto.

O Fado anima a vida cultural e social de Cedeira

O FADO ANIMA A VIDA CULTURAL E SOCIAL DE CEDEIRA

O escritor Antón Cortizas, o ilustrador Leandro Lamas e os músicos Óscar e Silvia Fojo e máis os compoñentes do grupo Fatado do Colo integrado polo propio Leandro Lamas, Lorena Montero, Silvia, Paula e Óscar Fojo presentarán hoxe o proxecto poético músical “O colo das palavras” co que este ano arranca o Festival de Música Galego-Portuguesa organizado polo Concello de Cedeira. Esta primeira cita dará comezo ás 20.00 horas e terá lugar no auditorio municipal. A continuación, ás 21.00 horas, actuará Falua (Sara de Sousa e Gom de Abadín), que fará “un paseo polo fado”.

Esta canción portuguesa de carácter morriñento será o fío condutor dunha programación que o domingo, día 2, deixará a proxección do documental “Fado camamé” ás 19.00 horas no auditorio e ao longo da próxima semana casi dez actividades máis, entre charlas e concertos. A participación é libre e a entrada aos concertos de balde.