Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

NOVAS

Aberto o prazo de matrícula na escola de música Pro-Cedeira para o curso 2019-2020

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA NA ESCOLA DE MÚSICA PRO-CEDEIRA PARA O CURSO 2019-2020

A Asociación Cultural Pro-Cedeira vén de abrir o prazo para a matrícula na escola de música, do novo curso que arrinca o 3 de outubro no Escolar de Piñeiro. A matrícula é gratuita, e as persoas interesadas poden realizar a inscrición chamando ao 655 391 140 ou ao 630 884 711.

Impartiranse entre outras, as seguintes especialidades: solfeo, percusión, guitarra clásica, guitarra eléctrica, canto, saxofón, laud, mandolina, bandurria, trompeta, bombardino, grupo de cuerda, grupo de rock, piano, e moito máis.

Desde a asociación chaman a todos os interesados e interesadas a divertirse aprendendo música.

O Concello de Cedeira ofrece formación para as probas CELGA

O CONCELLO DE CEDEIRA OFRECE FORMACIÓN PARA AS PROBAS CELGA

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) de Cedeira organiza sesións formativas para a preparación das probas celga (niveis 2 e 4) convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para a segunda quincena de novembro.

As sesións de formación desenvolveranse durante o mes de outubro e novembro. As persoas interesadas en examinarse teñen que ter en conta que deben facer a inscrición nas probas antes do 1 de outubro.

Poden informarse de como facer a inscrición e/ou anotarse nas sesións de formación no SNL de Cedeira (Casa do Concello na rúa Real, 15, 15350 Cedeira) ou a través do enderezo electrónico normalizacion@cedeira.gal ou do teléfono 607 323 833.

Cedeira convoca mañá á veciñanza a unha concentración de rexeitamento á violencia machista

CEDEIRA CONVOCA MAÑÁ Á VECIÑANZA A UNHA CONCENTRACIÓN DE REXEITAMENTO Á VIOLENCIA MACHISTA

“Basta xa de violencia machista!!”. É a consigna coa que o goberno de Cedeira convoca á veciñanza a asistir mañá a unha concentración que será ás12.00 horas diante do Concello.

Os responsables municipais trataran así de amosar a repulsa unánime do pobo de Cedeira a unha lacra social que só en 48 horas arrebatou a vida a catro mulleres e deixou orfos a catro menores.

Corenta e dúas mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou exparellas no que vai de ano e suman un total 1.017 desde que empezaron a contabilizarse no 2003, uns datos que, segundo o goberno cedeirense, levan a solicitar a participación masiva da veciñanza no acto convocado para mañá venres na praza do Concello.