Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

NOVAS

Aviso de interrupción na subministración de electricidade

Naturgy informa:

Co fin de realizar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministración da zona, informámolos de que o vindeiro día 17 de decembro de 2019, de 8:00 a 11:00 horas, deixaremos fóra de servizo unha serie de instalacións, o que pode provocar interrupcións na subministración de electricidade durante ese intervalo de tempo.

Zona afectada:

AGROCHAO (PIÑEIRO). ATRIO. BARRAL. BEREIXO. BOUZA. CANABAL. CASANOVA -PIÑEIRO (ALDEA CASANOVA). CASANOVA -REGOA (CASANOVA (REOGA)). CEDEIRA (CASA GRANDE, SILVA). DIAMANTEL. EIRAVEDRA. ERBELLAS. FORMIGUEIRO. MOSENDE. NOGUEIRA. PAINCEIRA. PARDIÑEIRA. (PENEIRO (SAN COSME PIÑEIRO)). PONTIGAS. REGO. RUA. TIDE. VENTOSA. VERIÑO DE ABAIXO. C.T. PARTICULAR 15PHYX EN ALDEA TRABE

 

Aviso de interrupción na subministración de electricidade

Naturgy informa:

Co fin de realizar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministración da zona, informámolos de que o vindeiro día 17 de decembro de 2019, de 12:00 a 14:30 horas, deixaremos fóra de servizo unha serie de instalacións, o que pode provocar interrupcións na subministración de electricidade durante ese intervalo de tempo.

Zona afectada:

Parroquia de Montoxo (San Xulián):

CAMPO DO HOSPITAL. MUNDIN. PENELA. PURREI. SEDEAS.

 

O programa de Nadal de Cedeira inclúe panxoliñas, sesións de photocall e un concerto de Guadi Galego

O Concello de Cedeira convida a veciñanza a participar activamente no programa de Nadal que dá comezo esta fin de semana cos festivais de panxoliñas organizados polas Rondalla de Cedeira e mais da Coral Virxe do Mar, e no que tamén haberá obradoiros, concertos, unha festa acuática e as esperadas visitas de Papá Noel e dos Reis Magos. Estes dous primeiros festivais de panxoliñas serán sábado e domingo ás 20.00 e 19.00 horas, respectivamente.

A música volverá o venres 20 ao centro cultural coa celebración da audición de Nadal protagonizada polos 130 alumnos matriculados na Escola de Música Vila de Cedeira.

Tanto ese venres como o sábado 21, haberá sesións de photocall na bóla xigante que desde a pasada fin de semana adorna e ilumina a céntrica praza Roxa, e o sábado 21 e domingo 22 celebraranse os festivais de panxoliñas promovidos pola Coral Estrelas do Mar (19.30 horas) e Coral Eixil (20.00 horas).

A visita de Papá Noel está prevista para a tarde do domingo 22, coa súa chegada en lancha á praza do Peixe, o posterior percorrido polas rúas da vila e a recepción oficial que será na praza Roxa.

O centro de ocio xuvenil acollerá obradoiros de cine, que se levarán a cabo os días 27, 28 e 29 de decembro e para os que é necesario apuntarse previamente no polideportivo municipal ou a través do correo electrónico manuel.martinez@cedeira.gal.

O venres 27 haberá ademais unha sesión de laser tag no pavillón polideportivo, mentres que ao día seguinte(28 decembro) será o Concerto de Nadal da banda de música Vila de Cedeira, e que dará comezo ás 20.00 horas no auditorio.

O domingo 29 terá lugar o esperado concerto no que Guadi Galego interpretará as cancións do seu último traballo discográfico, que leva por título immersión e que é unha revisión en varias linguas afíns á autora, por territorio cultura e emoción, “unha reinterpretación da súa propia música”. A cita coa intérprete local será ás 19.00 horas.

A noite de fin de ano despedirase como é tradicional na praza Roxa e, nesta ocasión, estará amenizada pola orquestra La Favorita.

O 2020 dará comezo, para efectos de ocio, o venres 3 coa celebración dunha festa acuática infantil na piscina municipal, para nenos/as de 5 a 12 anos, e coa visita dos Reis Magos durante a tarde do día 5. Os magos sairán ás 18.00 horas do colexio Nicolás del Río para, a continuación, presidir a recepción oficial no Palacete da vila. A festa rematará cunha merenda “de reis” e xogos inchables no pavillón do devandito centro educativo.