Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

NOVAS

COMUNICADO OFICIAL DOS REIS MAGOS PARA AS NENAS E NENOS DE CEDEIRA

Queridas nenas e queridos nenos de Cedeira:

a pandemia mundial, provocada pola Covid19, está obrigándonos a tomar medidas de distanciamento e hixiene que fan imposible que poidamos pasear polas rúas da vosa vila acompañándoos, polo que puxémonos codo con codo co persoal do concello para poder estar preto de vós, aínda que só sexa durante un breve instante.
Como resultado deste traballo acordamos que o día 5 de xaneiro estaremos no Auditorio Municipal de Cedeira desde as catro da tarde compartindo un pouco do noso tempo con vós.
Para que nos poidamos ver necesitamos que unha persoa adulta se poña en contacto con nós a través do whatsapp no número 649876614 antes do día 4 de xaneiro, indicando:

O teu nome
O teu ano de nacimento
O número de persoas adultas que virán contigo.

A nosa recomendación, para evitar que nos xuntemos demasiadas persoas, é que só veña unha persoa adulta acompañándote.
A través dese mesmo número, contestando ao voso whatsapp, poñeranse en contacto con vós (ao longo do día 4 de xaneiro) para decirvos a hora na que teredes que vir ao auditorio e a localidade que ocuparedes mentres agardades. Se ides vir varios irmáns podedes poñelo na mesma mensaxe.
Xa acordamos coa organización que irán vindo primeiro as nenas e nenos máis noviños, e se vides varios irmáns xuntos, elexiremos a idade do menor de vós para asignar a hora.
Debemos ser moi puntuais , chegando á hora que nos indiquen para evitar posibles retrasos que afectarían a todas as nenas e nenos que virían despois de nós. Tamén debemos entender que a hora non se pode cambiar, somos moitas persoas e debemos adaptarnos ao horario que nos indique a organización. Tomar todas estas precaucións son a maior maneira de amosarvos o noso respecto e o noso cariño.
Estamos desexando vervos o día 5 de xaneiro.

Asinado: Melchor, Gaspar e Baltasar

A XUNTA DE GALICIA ANUNCIA NOVAS RESTRICIÓNS PARA FIN DE ANO 2020

Entre o 30 de decembro ás 00.00 horas e o 1 de xaneiro ás 23.00 horas, permitiranse os desprazamentos xustificados que se produzan a territorios que sexan lugar de residencia habitual de familiares de quen se desprace, ainda que non se recomendan.

  • Recoméndase que os encontros familiares se limiten á unidade de convivencia.
  • Encontros entre persoas de dúas unidades de convivencia diferentes: 10 persoas máximo.
  • Encontros entre persoas de máis de dúas unidades de convivencia diferentes: máximo de 6 persoas -non computarán os nenos e nenas menores de 10 anos.
  • O 1 de xaneiro a hostalaría non poderá abrir ata as 11:00 h da mañá.
  • Na noite do 31 de decembro ao 1 de xaneiro, o toque de queda amplíase ata a 1:30 horas, unicamente para permitir o regreso ao domicilio.

Todas as medidas en detalle nas seguintes ligazóns:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20201229/2523/AnuncioC3B0-291220-1_gl.html
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20201229/2523/AnuncioC3K1-291220-2_gl.html

COMUNIDADO OFICIAL CEDEIRA SD

Cedeira, 27 de decembro de 2020

Reunida a Xunta Directiva, logo de facer a consulta coa base e o equipo afeccionado (completamente amateur), decidimos por unanimidade NON SAÍR A COMPETIR a tempada 2020/2021, que ten previsto o comezo o 31 de xaneiro de 2021.

Somos conscientes de todo o que isto supón, tamén deportivamente no caso particular do noso equipo afeccionado de 1ª Autonómica, pero coma entidade social que somos vémonos na obriga de ser exemplo de conduta e, sobre todo, RESPONSABILIDADE coa sociedade nesta crise sanitaria que estamos a sufrir e, en particular, cós nosos deportistas, familias, amigos e directivos.

Un ano, o 2021, que para todos nós é especial, ilusionante e único pois a nosa entidade cumple 50 anos de vida, polo que a renuncia resulta, se cabe, un pouco máis dura pero, nesta realidade, a sensatez e a responsabilidade téñense que antepoñer ó emotivo e o importante será celebralo, si, cando se poida, tamén, pero sobre todas as cousas… SEN QUE FALTE NINGUÉN!!!!

Esperamos que a RFGF (xa nos puxemos en contacto có Delegado de Ferrol para comunicarlle a nosa decisión), entenda a nosa postura, así coma a de moitos máis clubes amateur da nosa CCAA, e rectifique respecto á decisión sancionadora da pérdida de categoría.

Cremos que o máis sensato sería comezar en Setembro, sempre que a situación sanitaria mellorase, e non agora, nun presente preocupante e cheo de incerteza; polo que entendemos que esta situación pon en risgo a saúde dos nosos e a viabilidade económica de clubes amateur incapaces de sustentar todas as esixencias necesarias que require esta pandemia có fin de garantir a seguridade de todos e cada un de nós.

Ademáis queremos facer constar a AMBIGÜEDADE do protocolo da RFGF cheo de “recomendamos”, “entendemos que”, “se pode ser”… a INSUFICIENTE cobertura económico-sanitaria para deportistas amateur (cubrir máximo 25 test antíxenos, non PCR, ó mes; lexislar en mínimos insuficientes pois test cada 14 non ten sentido; a propia loxística dos test…) e a INVIABILIDADE económica tanto polo aumento exponencial dos gastos coma pola segura merma dos ingresos.

Desexamos que a nosa masa social entenda a difícil decisión tomada e que sigan apoiando ó noso clube SEMPRE. Porque algo temos seguro, traballaremos, loitaremos e batallaremos activamente para rexurdir máis fortes, unidos e orgullosos do CEDEIRA S.C.

Oxalá que o fútbol amateur volte axiña dunha maneira plenamente segura.

Opaaaaa Cedeira, SEMPRE

A XUNTA DIRECTIVA