COMUNICADO OFICIAL DOS REIS MAGOS PARA AS NENAS E NENOS DE CEDEIRA
Queridas nenas e queridos nenos de Cedeira:
a pandemia mundial, provocada pola Covid19, está obrigándonos a tomar medidas de distanciamento e hixiene que fan imposible que poidamos pasear polas rúas da vosa vila acompañándoos, polo que puxémonos codo con codo co persoal do concello para poder estar preto de vós, aínda que só sexa durante un breve instante.
Como resultado deste traballo acordamos que o día 5 de xaneiro estaremos no Auditorio Municipal de Cedeira desde as catro da tarde compartindo un pouco do noso tempo con vós.
Para que nos poidamos ver necesitamos que unha persoa adulta se poña en contacto con nós a través do whatsapp no número 649876614 antes do día 4 de xaneiro, indicando:
O teu nome
O teu ano de nacimento
O número de persoas adultas que virán contigo.
A nosa recomendación, para evitar que nos xuntemos demasiadas persoas, é que só veña unha persoa adulta acompañándote.
A través dese mesmo número, contestando ao voso whatsapp, poñeranse en contacto con vós (ao longo do día 4 de xaneiro) para decirvos a hora na que teredes que vir ao auditorio e a localidade que ocuparedes mentres agardades. Se ides vir varios irmáns podedes poñelo na mesma mensaxe.
Xa acordamos coa organización que irán vindo primeiro as nenas e nenos máis noviños, e se vides varios irmáns xuntos, elexiremos a idade do menor de vós para asignar a hora.
Debemos ser moi puntuais , chegando á hora que nos indiquen para evitar posibles retrasos que afectarían a todas as nenas e nenos que virían despois de nós. Tamén debemos entender que a hora non se pode cambiar, somos moitas persoas e debemos adaptarnos ao horario que nos indique a organización. Tomar todas estas precaucións son a maior maneira de amosarvos o noso respecto e o noso cariño.
Estamos desexando vervos o día 5 de xaneiro.
Asinado: Melchor, Gaspar e Baltasar