Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

MOCIDADE

A concellería de servizos sociais informa do comezo dos seus cursos en febreiro

Inscricións:

  • Oficinas de servizos sociais, terceiro piso do edificio do Auditorio Municipal.
  • Teléfono 981 492 179.

XIMNASIA TERAPÉUTICA E EDUCACIÓN PARA A SAÚDE

Inicio martes 4 de febreiro de 2020

Martes:

Esteiro – 9.45 h

Cedeira – Grupo 1- 11.30 h. | Grupo 2 – 12.15 h.

Xoves:

Montoxo – 9.30 h

San Román – 10.45 h

Santalla – 12.00 h.

OBRADOIRO DE MEMORIA

Inicio – Luns 3 de Febreiro de 2020

Cedeira – Biblioteca da Cafetería do Auditorio

1º Turno – luns e venres ás 16:00 h.

2º Turno – luns e venres ás 17:30 h.

Sisalde – Martes ás 16:00 h. e Mércores ás 17.15 h.

Saa – Mércores e xoves ás 16:00 h.

Montoxo – Martes e xoves ás 17:15 h.

Santalla – Martes e xoves ás 18:30 h.

San Román – Luns e venres ás 19:30 h.

ZUMBA GOLD

Inicio – Luns 3 de febreiro

Sala Áncora

Luns, mércores e venres

De 11.00 h a 12.00 h

 

O Concello instala unha estrutura elevada para resgardar aos nenos/as das inclemencias do tempo

O CEIP Nicolás del Río está a estrear unha nova estrutura que resgarda aos escolares das inclemencias meteorolóxicas. Trátase dunha construción elevada, a base de chapas prelacadas e translúcidas, que situada no corredor de acceso ao centro converte a esta zona nun patio cuberto máis para que os nenos e nenas de Infantil poidan gozar do recreo ata en días de choiva ou estean resgardados tanto a saída como a entrada da xornada escolar. A superficie cuberta é aproximadamente duns 15 metros de largo.

A obra, que foi executada por Talleres Metálicos Luciano, supuxo un investimento de 11.620,84 euros (IVE Incluído) e estaba contemplada, a petición do colexio, dentro das melloras que o Concello de Cedeira realiza cada ano no centro. Neste sentido, o alcalde, Pablo Moreda Gil, destacou a boa relación que existe entre a dirección do Nicolás del Río, a ANPA Picapeixe e o executivo local, xa que “todos estamos a buscar o mellor para os pequenos/as”. Adiantou así mesmo que xa se están a planificar as actuacións que se levarán a cabo ao longo do curso 2019-2020 para seguir buscando o benestar dos alumnos e a actualización das instalacións escolares.

A matrícula actual do centro está en 407 alumnos/as con idades comprendidas entre os tres e doce anos.

A Cabalgata de Reis de Cedeira sairá ás 18.00 horas do colexio Nicolás del Río

O Concello de Cedeira organiza a Cabalgata de Reis que sairá o día 5 ás 18.00 horas do CEIP Nicolás del Río e que, nesta ocasión, percorrerá a localidade co acompañamento musical da banda de Buxainas.

A continuación, as Súas Maxestades de Oriente deixaranse ver polo Camiño Real da Madalena, pola rúa San Sadurniño, a avenida de Castelao, a praza de Galicia, a Ponte Vella, a rúa Ezequiel López, a praza do Peixe, a Ponte Nova, rúa Ponte Nova-praza de Galicia e de novo a avenida Castelao. A recepción dos Reis Magos terá lugar no Palacete municipal, onde recibirán aos nenos e nenas do municipio e escoitarán as súas peticións.

O programa rematará no pavillón do devandito centro escolar, no que haberá inchables para pásalo ben e roscón de reis e chocolate quente para facer máis doce a espera do Día de Reis.

O Concello contou coa colaboración da ANPA Picapeixe, da asociación Amas de Casa, da entidade cultural As Aturuxeiras, Protección Civil, Gadis, Eroski, La Caixa e Muebles García para a organización dun desfile que fará as ledicias dos máis pequenos e tamén, e por que non, dos maiores.