Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

MEDIO AMBIENTE

Entrevista ao xeólogo Francisco Canosa e á Tenente de alcalde María Xosé Rodriguez

ENTREVISTA AO XEÓLOGO FRANCISCO CANOSA E Á TENENTE DE ALCALDE MARÍA XOSÉ RODRIGUEZ

Na seguinte ligazón pode escoitar a entrevista que a periodista Patricia Hermida lles fixo a Francisco Canosa (xeólogo) e María Xosé Rodríguez Pérez (Tenente de alcalde) e na que se abordou tanto o balance das xeorutas desenvoltas no Concello como o asunto do Xeoparque do Cabo Ortegal.

IR Á LIGAZÓN Escoitar entevista a F. Canosa e M. X. Rodríguez

Xornadas Formativas en Cedeira do GALP A MARIÑA ORTEGAL e o GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE

XORNADAS FORMATIVAS EN CEDEIRA DO GALP A MARIÑA ORTEGAL E O GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE

Desde o GALP A MARIÑA ORTEGAL e o GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE estase a desenvolver o proxecto “GALICIA NORTE. MARES DE EXPERIENCIAS” co o obxectivo de promover e dinamizar os territorios desde o sector turístico e pesqueiro.

Galicia Norte. Mares de Experiencias é un proxecto no que ademais de deseñar itinerarios turísticos, estase a promover a xeración de empresas e a creación de emprego dentro do sector turístico e pesqueiro.

Ás xornadas formativas que terán lugar en Cedeira entre o mes de setembro e outubro desenvolveránse no Auditorio (rúa do Convento s/n – baixo) cos seguintes contidos, datas e hora:

– Plan de Negocio (2 sesións): 27 de setembro de 16:00 a 19:00 h (1ª sesión), e 9 de outubro de 10:00 a 13:00 h (2ª sesión).

– Plan de Marketing (2 sesións): 16 de outubro de 10:00 a 13:00 h (1ª sesión) e de 16:00 a 19:00 h (2ª sesión).

– Lexislación: 18 de outubro de 9:30 a 13:30 h.

– Creación de Redes: 25 de outubro de 9:30 a 13:30 h.

Para asistir é necesario inscribirse chamando teléfono 673 472 735.

Unha cedeirense recada fondos para a protectora ferrolá Cometa cun paseo solidario canino

UNHA CEDEIRENSE RECADA FONDOS PARA A PROTECTORA FERROLÁ COMETA CUN PASEO SOLIDARIO CANINO

O cuarto paseo solidario canino organizado por Jésica Cáceres, auxiliar da clínica veterinaria cedeirense MAC, desenvolverase o sábado co obxectivo de recadar fondos para a protectora ferrolá Cometa. A camiñada partirá ás 17.30 horas da Alameda e discorrerá polo paseo marítimo ata o chiringuito. Os participantes colaborarán coa compra dunha merenda -unha ración de torta e un refresco-, por 3,5 euros, ademais de ter a opción de adquirir rifas a dous euros para o sorteo de varios artigos doados por comercios da vila. A artífice desta iniciativa agradece a axuda prestada polas tendas e tamén polas panaderías e os negocios de hostalería, que achegaron doces e bebidas para a xornada.

Cáceres contará co apoio de integrantes da asociación Cometa, que recibirán o diñeiro recadado nada máis finalizar os actos programados para o sábado. Con esta marcha solidaria, ademais de solicitar apoio económico para o colectivo, pretende concienciar aos veciños da importancia da protección dos animais.

Fonte: La Voz de Galicia
Pode consultar a nova na seguinte ligazón:
IR Á LIGAZÓN Unha cedeirense recada fondos para a protectora ferrolá Cometa cun paseo solidario canino