Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

CULTURA

O Concello contrata por 207.697 euros a obra de accesibilidade da biblioteca municipal

O CONCELLO CONTRATA POR 207.697 EUROS A OBRA DE ACCESIBILIDADE DA BIBLIOTECA MUNICIPAL

O Concello de Cedeira vén de contratar a obra de accesibilidade da biblioteca municipal, unha intervención orzamentada en case 250.000 euros e adxudicada por 207.697,26 á empresa Prace, Servicios y Obras SA. O prazo de execución dos traballos é de seis meses.

O equipo de goberno recoñece que se trata dun dos proxectos de maior transcendencia social dos que se están a levar a cabo dentro do presente mandato, por canto consiste na mellora da comunicación tanto interior como exterior dunhas instalacións que deben ser accesibles a todo o mundo.

Así, o proxecto previsto consiste no aproveitamento dunha vivenda, adquirida no seu día polo Concello, para a realización dun novo edificio de comunicación vertical, e na reforma da planta baixa -agora ocupada polo Xulgado de Paz- co fin de incrementar as actuais dimensións da biblioteca, cuxo primixenia edificación foi construída no ano 1790 e acolleu a sede consistorial. Esta reforma dará lugar a un novo acceso peatonal desde a rúa Consistorio, á habilitación dunha sala de estudo e á creación dun acceso en cada planta coa instalación e posta en funcionamento dun ascensor.

A obra tamén inclúe a mellora do alumado existente coa colocación de luminarias tipo led, tanto no teito como nos postos de lectura, así como a colocación de novas estanterías e a reparación das actuais. Levarase a cabo así mesmo a instalación dun sistema contra incendios e a construción dun aseo para persoas con discapacidade na primeira planta.

Limpeza do Condomiñas
Despois das realizadas nos últimos catro meses, o Concello de Cedeira, xunto á Asociación de Amigos dos Ríos, convoca para este domingo, día 8 de outubro, unha nova campaña de retirada de refugallos do leito do río Condomiñas. Así, como en anteriores ocasións, o punto limpo será o lugar de encontro para todas aquelas persoas que desexen colaborar.

A actividade levarase a cabo entre as 11.00 e as 14.00 horas. O Concello porá a disposición dos participantes os contedores e bolsas, mentras que eles terán que levar botas e guantes. O Concello anima á participación dos veciños.

O Concello contratou un traballo audiovisual para darlle pulo á promoción turística de Cedeira

O CONCELLO CONTRATOU UN TRABALLO AUDIOVISUAL PARA DARLLE PULO Á PROMOCIÓN TURÍSTICA DE CEDEIRA

O Concello de Cedeira quere darlle un novo pulo á promoción turística do municipio coa contratación dun traballo audiovisual, con filmacións aéreas feitas por un dron, que a administración local prevé utilizar en feiras ou citas turísticas e tamén a nivel local.

O traballo, foi encargado a Alberto Rodríguez Hermida por importe de 5.324 euros (IVE incluído), e “fai fincapé en todos os lugares de interese social, cultural e turístico que posúe o noso concello e que nos fan ser unha referencia a nivel turístico en toda Galicia, poñendo en valor todos estos espazos de singular beleza dentro do noso territorio”, apuntou o alcalde, Pablo Moreda Gil.

Trátase dun material fotográfico e de filmación no que se recollen dúas rutas cunha media de trinta fotos xeolocalizadas e un vídeo por cada unha delas, ademais de 1.500 indicadores de código QR, sección web completa e guía informativa sobre o concello de Cedeira. As imaxes foron capturadas o día 11 de setembro.

A Arcadia da xeología atópase en Cedeira

A ARCADIA DA XEOLOGÍA ATÓPASE EN CEDEIRA

Á sombra da Capelada dorme a Arcadia. Cun subsolo que galopa sobre centos de millóns de anos de historia, a xeoloxía de Ferrolterra e Ortegal ofrece xoias inigualables no mundo. Entre elas, as únicas praias de area negra no planeta que non teñen orixe volcánico ou os cantís máis altos da Europa continental. Para potenciar estes recursos a través do turismo sustentable, sete municipios loitan pola súa declaración como Xeoparque do Ortegal. Cedeira, Ortigueira, San Sadurniño, Moeche, Cerdido, Valdoviño e Cariño xa traballan desde o ano pasado neste proxecto, coa intención de presentar a súa candidatura oficial ante a Unesco no ano 2019.

E o acelerador písase desde Cedeira, onde o concello creou catro XeoRutas para que os visitantes coñezan as peculiaridades da súa paisaxe. Estas rutas lanzáronse o ano pasado, e tras o gran éxito deste verán recuperaranse en Semana Santa como indica a concelleira de Turismo e arqueóloga, María Xosé Rodríguez Pérez: “Son os primeiros pasos para a declaración de Xeoparque, e agora agardamos a axuda da Deputación”. Impulsadas polo doutor en Xeoloxía, Francisco Canosa, ofrecen catro paseos por Cedeira. “A Ruta do Cromo achégase á garita de Herbeira para ver os cantís e as antigas explotacións, a Ruta dos Cantís pasa polo sur de San Andrés de Teixido, a do Granate baixa á enseada das Cortes, e a máis solicitada é a Ruta dás Praias Negras”.

Fonte: El correo Gallego
Pode consultar a nova na seguinte ligazón:
IR Á LIGAZÓN La Arcadia de la geología se encuentra en Cedeira