Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello contratou un traballo audiovisual para darlle pulo á promoción turística de Cedeira

O CONCELLO CONTRATOU UN TRABALLO AUDIOVISUAL PARA DARLLE PULO Á PROMOCIÓN TURÍSTICA DE CEDEIRA

O Concello de Cedeira quere darlle un novo pulo á promoción turística do municipio coa contratación dun traballo audiovisual, con filmacións aéreas feitas por un dron, que a administración local prevé utilizar en feiras ou citas turísticas e tamén a nivel local.

O traballo, foi encargado a Alberto Rodríguez Hermida por importe de 5.324 euros (IVE incluído), e “fai fincapé en todos os lugares de interese social, cultural e turístico que posúe o noso concello e que nos fan ser unha referencia a nivel turístico en toda Galicia, poñendo en valor todos estos espazos de singular beleza dentro do noso territorio”, apuntou o alcalde, Pablo Moreda Gil.

Trátase dun material fotográfico e de filmación no que se recollen dúas rutas cunha media de trinta fotos xeolocalizadas e un vídeo por cada unha delas, ademais de 1.500 indicadores de código QR, sección web completa e guía informativa sobre o concello de Cedeira. As imaxes foron capturadas o día 11 de setembro.