Novo e espectacular vídeo de Cedeira (con música de Guadi Galego)
NOVO E ESPECTACULAR VÍDEO DE CEDEIRA (CON MÚSICA DE GUADI GALEGO)
Novo vídeo de Cedeira, con impresionantes imaxes e coa música de fondo de Guadi Galego e o seu tema “Cedeira”.
NOVO E ESPECTACULAR VÍDEO DE CEDEIRA (CON MÚSICA DE GUADI GALEGO)
Novo vídeo de Cedeira, con impresionantes imaxes e coa música de fondo de Guadi Galego e o seu tema “Cedeira”.
O CONCELLO INVITA Á VECIÑANZA A SUMARSE Á RECEPCIÓN QUE HABERÁ O SÁBADO A SEIS NENOS DE CHERNÓBIL
O goberno de Cedeira invita á veciñanza a participar na recepción oficial que o Concello ofrecerá este sábado (día 4) a un grupo de seis nenos e nenas de Chernóbil e as súas respectivas familias de acollida. Principalmente son dos municipios de Ferrol e Narón. En total serán unhas 18 persoas as que visitarán a vila.
O acto, que terá lugar na Casa do Concello, dará comezo ás 11.30 horas e a súa finalidade é “mostrar o recoñecemento do pobo de Cedeira á entrega das familias de acollida” ao longo dos meses de verán. Froito deste compromiso social os nenos e nenas, que habitualmente viven nunhas condicións moi duras, melloran notablemente tanto no aspecto físico como no psíquico, segundo din os expertos.
Os invitados aproveitarán a súa estancia na vila de Cedeira para coñecer o Museo Mares de Cedeira e o castelo da Concepción e, a modo de despedida, serán obsequiados cuns “pinchos de confraternidade”.
PROGRAMA DAS FESTAS DE CEDEIRA 2018
O Concello vén de publicar o programa oficial das festas 2018. Na seguintes ligazóns pode verse e descargarse o programa en formato imaxe JPG:
Na seguinte ligazón pode descargarse o programa en formato PDF:
IR Á LIGAZÓN Programa das festas 2018